“A crise está sendo a excusa perfecta para desmontar o ensino superior”

“A crise está sendo a excusa perfecta para desmontar o ensino superior”
armesto sinala a internacionalizaciã³n e o fomento da investigaciã³n como os obxectivos da universidade javier alborã©s

Xosé Luis Armesto pecha o séu primiero ano como reitor da Universidade de A Coruña con “satisfacción e preocupación”.

 

Como valora o seu primeiro ano ao frente da Reitoría da Universidade?

Foi un ano intenso e marcado polas decisións de recortes do Goberno, que levou á comunidade universitaria a facer unha declaración de todo o Claustro na defensa de universidade pública ante o decreto das tasas. Tamén foi a primeira vez que todos os reitores saíron na defensa da universidade contra os recortes.

 

E no caso da súa propia xestión? Que destaca?

Avanzamos nas liñas estratéxicas, que son a internacionalización e o fomento da investigación. Na docencia comenzou a impartirse un grupo de inglés no grado de ADE e tamén iniciouse un mestrado coa universidade de Magdeburgo, en Alemania. Por primeira vez, un investigador da Universidade de A Coruña conseguiu un Starting Grant do Consello Europeo, o que supón 1,4 millóns de euros para o desenvolvemento do seu proxecto sobre a modelización matemática dos tumores canceríxenos.

 

Satisfacción, polo tanto, tras o primeiro ano.

Sí, satisfacción polo traballo feito, pero con preocupación polo marco xeral que temos.

 

Cales son os retos actuais da Universidade coruñesa?

Imos comenzar agora o deseño do novo plano estratéxico para eses obxectivos, a internacionalización e o fomento da investigación, e a ver como podemos facer cos medios, cada vez máis recortados, que temos.

 

Cando chegan os recortes á universidade, tan dependente de fondos públicos, de onde pode recortar un reitor?

Das inversións en infraestruturas e do gasto corrente de centros e departamentos. Marcamos como prioridade manter o talento e o capital humano, que é o de máis valor que ten a institución, e tamén facilitar as bolsas de estudantes para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades.

 

E na investigación?

Están afectando, porque coas decisións que se tomaron, non xa nos orzamentos para 2013, senon nos de 2012, están chegando os recortes. Antes tiñamos un éxito do 30%; é dicir, de cada dez solicitábamos a os organismos públicos e convocatorias competitivas, conseguiamos tres ou catro. Agora imos baixar a un. Iso quere dicir que os nosos investigadores non van ter fondos competitivos, case sempre públicos, para desenvolver a súa actividade. Iso non é o que nos financia, pero é a vida da universidade. Se non realizamos ese labor investigador, mal podemos xerar coñecemento e non poderíamos cumprir cos nosos fins fundamentais como universidade.

 

Coa caída da inversión, retrásase toda a actividade da Universidade, entón.

A crise está sendo unha coartada perfecta para desmantelar os servizos públicos e ahí entra o ensino superior, as universidades públicas. Nós tamén teremos que ir adaptándonos á nova realidade.

 

¿Avanzará a construcción do Parque Tecnolóxico?

Sí, aínda que con moitas dificultades, porque os recortes en fondos estatales e europeos non nos permiten seguir coa ampliación, e ademáis temos o problema daslicenzas municipais. Por ese motivo está parado un dos edificios que tiñamos pensado poñer en marcha este ano, o CICA, orientado fundamentalmente ás ciencias experimentais.

 

E iso quedará resolto pronto?

Resolverase co Plan Xeral, que agora parece que será cuestión de meses a súa aprobación. Cando iso suceda, temos o compromiso por parte do Concello de que se desbloqueará.

 

E o resto de edificios do campus tamén?

Administrativamente, temos un compromiso por parte do Concello de que se regularizará a situación de todos os temas que hai pendentes. Técnicos da Universidade e do Concello traballaron para resolver o problema. Non só o actual, senon para o futuro, para posibles ampliacións do campus.

 

E sobre o cobro do IBI á Universidade, hai cambios?

O Concello solicitou o pago pola vía de apremio, que eu creo que iso non é forma de relación institucional, e así se llo fixemos chegar ó Concello. Din que están dispostos a revisar o tema e a pedir que lles aportemos a documentación necesaria para ver que o centro de Socioloxía e o de atletismo son para actividades universitarias. Polo tanto, se así o quere o Concello, estarán exentos do IBI.

 

Cre que iso pode pasar?

Entendo que pode ser. En base as conversas que mantiven co alcalde, están en boa disposición. Tanto no tema das licenzas como no tema do cobro do IBI, o único que falta é que se concreten os resultados.


Outro dos edificios que leva tempo parado é o do Citeec. Avanzou algo neste caso?

Ahí houbo un problema coa empresa construtora. Xa rescindimos o contrato e estamos redefiniendo o proxecto. Contamos coa axuda da Fundación de Enxeñaría Civil, que se prestou a colaborar para poñer en marcha o proxecto e avanzar na solución. Polo de agora non se pode falar de prazos, porque se está traballando na redefinición do proxecto para que se poida realizar en máis curto prazo.

 

Que lectura fixo da reunión co conselleiro desta semana?

Os tres reitores temos un principio de acordo de que non se desvíen os vinte millóns para fondos estructurais do Sistema Univeristario, porque iso non estaba no plano de financiamento 2011-2015. A Xunta sinalou o aumento da recadación pola suba de tasas, pero iso non son ingresos para a Universidade, senon para a comunidade autónoma, e o Goberno o desconta do plano de financiamento.

“A crise está sendo a excusa perfecta para desmontar o ensino superior”

Te puede interesar