“A arquitectura é un instrumento moi poderoso para cambiar a vida da xente”, asegura Plácido Lizancos

“A arquitectura é un instrumento moi poderoso para cambiar a vida da xente”, asegura Plácido Lizancos

O subdirector da Escola de Arquitectura, Plácido Lizancos, era o encargado onte de abrir o curso “Arquitecto, cámara... ¡acción!”, na Fundación Seoane, no que expertos de distinta pelaxe analizarán o feito por referentes do campo tamén de distinta raza e condición para que os asistentes teñan un amplo abano no que curiosear.

En concreto, Lizancos elexía a Charles Correa para viaxar até India e redescubrir unha forma de pensar a arquitectura en base aos graves problemas de pobreza polos que pasa o país. Deste xeito, o experto puxo enriba da mesa o racionalismo para explicar a traxectoria de quen se implicou nun mundo que “máis nos valía ter feito aquí”.

Para Plácido, a solución actual non depende da arquitectura pero si dos arquitectos, algo que non concorda coa actitude por parte do sistema que tende a tildalos como inimigos públicos: “A arquitectura é un instrumento moi poderoso para cambiar a vida da xente”. As súas responsabilidades teñen que ver con racionalizar o que se viña facendo até o de agora, reutilizalo e ordenalo no espazo. Lizancos fala das monstruosidades feitas, da multiplicación de equipamentos e a sobredimensión de edificios: “Onte mesmo inauguraron un trozo de AVE que custa moito máis do que se lle vai sacar de rendemento”.

Todas estas barbaridades, di, “non se poden volver atrás”. Hai que convivir con elas. Por iso, a necesidade dos arquitectos para xestionalas. O apartado fará ver aos alumnos as visións de profesionais preocupados pola cultura e a tecnoloxía. De produtores masivos. Ou con patróns de vida diferentes.

“A arquitectura é un instrumento moi poderoso para cambiar a vida da xente”, asegura Plácido Lizancos

Te puede interesar