Estas son as sete persoas que o Concello distinguirá coa súa máxima condecoración

Raxoi entregará as súas Medallas de Ouro e os títulos de fillo adoptivo e prefilecto o vindeiro 11 de abril
Estas son as sete persoas que o Concello distinguirá coa súa máxima condecoración
O médico Ramón Baltar Domínguez | Cultura Galega

Santiago é cidade de artistas pero, nun senso máis amplo, é cidade de persoas con grandes inquedanzas sociais, sen as cales non se entendería o carácter compostelán.


Por outra banda, unha vila é súa xente. Por iso, condecorar ás persoas que a forman é unha mostra de orgullo polo propio que reivindica a importancia de valorar a quen mellor nos representa.

Nesta liña, o Concello puxo nome, data e lugar á entrega das máis altas distincións que pode outorgar a entidade.


Así pois, o día no que se confirma a celebración do evento é o 11 de abril, xornada na que o Teatro Principal abrirá as súas portas para conmemorar a traxectoria vital de sete persoeiros que, como explican desde Raxoi, “defenderon os intereses de Compostela en distintos ámbitos”.

 

Fillos predilectos santiago 2019
A cerimonia celebrada en 2019, no anterior mandato

 

Medallas de Ouro


A Corporación aprobou unanimemente entregar Medalla de Ouro —a máxima distinción do Concello— a Tareixa Navaza González e a Ezequiel Méndez Vidal.


No caso da xornalista, por “ser a voz dunha vida que nos fala da intimidade da cidade”, como explican desde o Concello, e tamén polo seu relevante e importante traballo en materia de igualdade e reivindicación feminista.

 

 


Por outra banda, ao que fora concelleiro de Santiago na década dos 60, se lle recoñece o papel político que xogou na transición democrática e o firme apoio que deu do barrio de Conxo.


Fillos adoptivos e predilectos


Como explicaba hai menos dun mes a este medio a alcaldesa, Santiago tamén é a xente que chegou á cidade e se namorou tanto como para quedar nela.


Coa idea de honrar ás persoas que non naceron en Santiago pero defenderon os intereses da capital galega durante toda a súa vida, a cerimonia prevista para a semana que vén tamén homenaxeará a José Porto Buceta e a Manuel Quintáns.


Ao primeiro, polo seu esforzo continuado durante máis de 50 anos como párroco en Sar e ao segundo, con carácter póstumo, pola súa implicación na preservación da cultura.

 

 


Por último, como fillos predilectos, Raxoi decidiu nomear neste 2024 á pintora Aurichu Pereira e ao divulgador e activista Ezequiel Méndez Vidal.

 

 


Ambos, por seren exemplo de carreiras que combinan a arte e a militancia política.

 

A alcaldesa destacou a figura do médico Ramón Baltar

 

O pleno municipal declarou o pasado 23 maio a declaración de Ramón Baltar Domínguez como fillo predilecto da cidade a título póstumo. 

 

Ramon baltar web
Ramon Baltar | Cultura Galega

 

Onte, a rexedora local, Goretti Sanmartín, destacou a relevancia da súa carreira e explicou que supón “un exemplo de militancia cívica, comprometido coa loita pola democracia nos momentos máis difíciles e acollendo e protexendo a vítimas da ditadura”.

Estas son as sete persoas que o Concello distinguirá coa súa máxima condecoración

Te puede interesar