
A Historia non se repite pero rima, que diría Mark Twain, e retorna á alcaldía de Carral en 2025 dun modo moi semellante a como o fixo, por primeira vez, en 2003: moción de censura apoiada en dous concelleiros lonxe, ideoloxicamente, do PP. Considera José Luis Fernández Mouriño (Carral, 1962) que Javier Gestal podería ter deixado de ser alcalde e non ser el, o portavoz do Partido Popular, quen o substituirá no cargo. “Tiña xente moi válida en Alternativa dos Veciños é a min valíanme pero nunca me contestou á proposta de presentar unha moción de confianza. Contestábame o de Oleiros (Ángel García Seoane). Bueno, vos saberedes”, di o novo rexidor carralés desde o pasado mércores, día 10.
Non todo o mundo que estaba no pleno da moción era de Carral pero Alternativa sacou maioría absoluta nas últimas eleccións.
Hai que recoñecer e non cabe dúbida de que Javier (Gestal) sacou uns 1.800 votos. Nós tivemos uns 1.500. Tamén imaxino que os dous concelleiros non adscritos algún voto tamén quitarían… o da nai, o do pai, o dos amigos. Independientemente de que foran con Javier ou con outro. Así que os números dan, somos sete. En canto ao que me preguntas, había xente uniformada con unha camiseta que son amigos de Javier de toda a vida, cos que se criou e que elevaron un pouco o ton. Pero, insisto, había un porcentaxe moi alto de xente que non era do municipio de Carral.
Que o levou a presentar unha moción de censura?
A min levoume a presentar a moción de censura a inoperancia. No anterior mandato perdemos dous millóns de euros en axudas da Unión Europea para humanizar a N-550 porque non se quixo que se apuntara a medalla o PSOE. No actual non se soubo presentar un proxecto por valor de catro millóns de euros para beneficiarnos dunhas axudas do Ministerio de Transición Energética pola central de Meirama. Ademais, agora deixa marchar ou bota a xente máis válida. E que Javier non lidera, a min como persoa valme pero non xestiona. E cando surxiu a posibilidade de presentar a moción falei co partido e dixéronme que sí, sempre e cando se poidese xustificar. Falei con dous non adscritos e propúxenlles facer un equipo, nin do PP, nin de ningún partido. Ir da man e sacar un proxecto para adiante.
Teño entendido que puxo sobraviso o seu antecesor.
Nos últimos catro ou cinco últimos plenos díxenlle ‘Javier, sométete a unha moción de confianza’. Que entre eles buscaran un candidato, que el non lideraba. Tiñan unha rapaza moi boa, Rocío Rabuñal. A mín valíame. ‘Javier, pon a unha persoa que valla para ir por aí os sitios e ti descansa ou volve atender o catastro’. E no sitio de contestarme Javier, contestábame o de Oleiros: ‘Acougue, señor Mouriño, acougue, Javier é o mellor’. Bueno, vós saberedes. Eso foi o que motivou este final. Tanta inoperancia facíame sentir mal. E que non collemos un solo peso de ningunha administración. E despois presumimos de que temos un millón de euros de remanente. Non somos capaces de gastar os cartos do ano 2023, que sobraron 300.000 euros. Non somos capaces de gastar os de 2024, que sobrou sobre medio millón. Home, se sobran unhas calderillas non pasa nada pero esto é falta de xestión. Cobrámoslle impostos os veciños e no sitio de compensalos con servizos metémolos na nosa conta. Para iso que os teñan eles nas súas contas.
Sendo conscientes de que non é o seu partido, pero porque non calla fóra de Oleiros o proxecto de Alternativa?
Eu non podo falar do que pasa fora de Carral pero si podo dicir algo ao respecto deste concello. Un alcalde ten que xestionar para o seu concello, ten que ser a súa prioridade absoluta. Despois están as siglas pero primeiro son os seus conveciños. Hai uns anos todos os alcaldes do Consorcio, excepto Oleiros, votaron a favor dunha proposta, non me acordo cal. E o día siguiente o pobre Javier viuse obrigado a desdecirse porque o alcalde de Oleiros botoulle unha bronca e botouse atrás. Estou convencido de que a este rapaz (Fran Bello) o botaron fora foi porque lle levantou a voz a García Seoane. O que si sei é que da candidatura que presentou Alternativa en Carral, unha boa candidatura, por certo, agora solo hai unha persoa que está con Javier. Se algún dos actuais concelleiros de Alternativa deixase de selo, salvo un, o resto tomaría posesión como non adscritos.
A moción de censura forma parte dunha conxura contra García Seoane, como el mismo se encarga de denunciar?
Eu personalmente penso que incluso é interesante que estea na Diputación. Os votos que van para Alternativa, non van para o BNG ou o PSOE. Que non se considere tan importante.
Que é o que se propón para estes dous anos?
Son tantas cousas. Por agora pouco se puido facer pero reuninme co personal do Concello para dicirlles que remasemos na mesma dirección porque imos no mismo barco. Xa sei que non lle caio ben a todo mundo, tampouco todo o mundo me cae ben a mín, pero se remamos xuntos imos estar máis contentos e menos amargados. Eu vou poñer da miña parte para que haxa a máxima harmonía e se atenda aos veciños como é debido











