Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Betanzos

A Xunta adiantará 0,5 millóns a Betanzos para completar a obra do mosteiro de Donas

banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Betanzos solicita colaboración autonómica para completar as obras do mosteiro de Donas. En concreto, acollerase ao fondo de cooperación para actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes, habilitado polo IGVS (Instituto Galego de Vivenda de Solo). 

Isto implica un adianto de algo máis de 500.000 euros, que a institución municipal devolverá entre 2025 e 2032, para contratar unha segunda intervención, centrada no acondicionamiento interior e na urbanización exterior, no convento das Cascas.

Na primeira intervención elimináronse aditamentos superfluos e invasores para a construción orixinal, e movementos de terra, que permitiron e propiciaron a descuberta de restos e achados que manifestaban a realidade das cotas de acceso e asento orixinal da edificación, así como a aparición de diversos elementos destacados ocultos pola maleza, o abandono e os engadidos, como unha vía de comunicación co río Mendo. Estes achados supuxeron trocos e matices no proxecto previsto, e mesmo os arcos, unha vez recuperada a cota das construcións, apareceron na súa verdadeira dimensión e obrigaron a escavar o entorno exterior dos muros de Donas.

Todos estes achados e traballos non recollidos na primeira fase, obrigaron a redactar unha segunda fase para darlle un tratamento adecuado a urbanización do entorno exterior en contacto ao conxunto de Santa María.

O acceso principal orixinal, cara norte, onde apareceron achados da vía de acceso primeira, esixen unha nova formulación do encontro entre o edificio e a beirarrúa, e consecuentemente esta parte marcará a relación do conxunto do convento co entorno urbano edificado e é a chave para a de urbanización que se quere levar a cabo nas Cascas.

“O que se pretende é que o conxunto acade a dignidade que merece, e iso  –engadiron os seus responsables– esixe “unha actuación que sexa quen de mostrar a identidade e funcionalidade do mosteiro como un equipamento urbano a escala de cidade, que sexa á vez capaz de achegar ao entorno un espazo de convivencia, confluencia e encontro, nun punto moi singular de acceso a Betanzos, a carón do Camiño de Santiago".

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620