Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Betanzos

Betanzos revoluciona a súa cultura co FestiBAM, unha cita cargada de arte e tradición que ninguén debería perder

beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Betanzos volve apostar pola cultura da man do FestiBAM. Despois do éxito da súa estrea, en 2024,  a cita regresa cunha axenda cargada de iniciativas artísticas, educativas e divulgativas que se desenvolverán entre o sábado 13 e o domingo 14. O Museo das Mariñas e a Biblioteca Municipal de Betanzos serán epicentros de actividade para todas as idades, nunha acción cultural que mestura tradición, arte, literatura e diversión e que emerxeu hai un ano para celebrar a ‘reinauguración’ destas instalaciones tras varios meses de obras e toda una revolución no antigo convento de Santo Domingo.

Os nenos de 0 a 3 anos poderán achegarse á literatura e as emocións que dela derivan a través de varias vías, como o espectáculo de monicreques e narración oral ‘Onde están os libros?’, a cargo de Olga María Abad Prieto, o sábado 13 ás 10.30 na Biblioteca Municipal Castelao.

Esta actividade enmárcase na iniciativa  de animación ‘Ler Conta Moito’, promovido pola Xunta.

Tamén o domingo haberá opcións para nenos de 0 a 3, co espectáculo ‘Contamúsicas’, donde música, mimo e clown, a cargo de Raquel de Ana Rodríguez, sacarán o sorriso dos cativos, tamén a través de ‘Ler Conta Moito’.

Dirixido a menores, pero algo maiores, de 4 a 12 anos, o sábado ás 19.00 horas, Bardo Abelardo ofrecerá ‘O son das linguas’, unha actividade participativa baseada nas cantigas tradicionais galegas, e o domingo 14, ás 18.00,  Costa Oeste dirixirá o obradoiro creativo ‘Contos en Construción’, onde os participantes, acompañados dun adulto, poderán crear unha maqueta en 3D inspirada nos contos clásicos, sinalan desde BAM Betanzos.

Creatividade

A creatividade tamén terá o seu espazo destacado neste II FestiBAM. O sábado 13 ás 11:30 horas, os nenos de 7 a 10 anos poderán participar no obradoiro 'Xogando a ser Poseidón con paus e outros refugallos’, dirixido polo artista Francisco Martínez-Pin. Unha proposta que busca fomentar a conciencia ambiental e a imaxinación a través da arte con materiais reciclados.

Esa mesma tarde, ás 17:00 horas no Museo das Mariñas, impartiráse un obradoiro de iniciación ao xadrez conducido polo Clube de Xadrez de Betanzos.

Ademáis, para todos e durante toda a fin de semana, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00, o Museo das Mariñas acollerá unha mostra de artistas e artesáns que se completa cunha xornada de portas abertas para descubrir os talentos da contorna e os segredos do museo, e mesmo haberá liberación de libros, coa que se pretende promover a lectura entre os que durante estes dous días visiten este oasis histórico e cultural de Betanzos.

É especialmente dirixidas para aqueles que queiran afondar na historia e o patrimonio da ciudade, están as visitas guiadas ao Museo das Mariñas, conducidas polo seu director, Ángel Arcay.

O horario das visitas será de 12.00 a 13.30, e de 17.30 a 19.00 o sábado 13, e de 12.00 a 13.30 e de 17.00 a 18.30 horas o domingo 14. Os interesados en acudir ou recibir máis información sobre o FestiBAM, poden dirixirse ao correo electrónico museodasmarinas@betanzos.net.

A cita conta coa colaboración da Xunta e da Diputación da Coruña e amosa o compromiso da cidade coa cultura accesible, o impulso á lectura, a posta en valor do patrimonio e os artistas e creadores das Mariñas. Unha oportunidade única para aprender, disfrutar e coñecer Betanzos.l

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620