Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergondo

O BNG propón melloras para o persoal municipal de Bergondo tras interlocución coas súas representantes

O BNG de Bergondo presentou no último pleno unha proposta integral para mellorar as condicións laborais do persoal municipal, elaborada tras manter unha interlocución directa coas representantes das traballadoras do Concello de Bergondo.

A iniciativa inclúe medidas como a actualización da Relación de Postos de Traballo (RPT) e do convenio colectivo –sen revisar desde hai máis dunha década–, a implantación da carreira profesional, a regulación do complemento de produtividade con criterios obxectivos, a elaboración dun plan de igualdade laboral específico con medidas de conciliación, así como a creación de novas prazas para responder ao incremento de servizos e poboación.

"Para prestar unha boa atención e uns bos servizos públicos á veciñanza cómpre que o persoal conte con condicións de traballo axeitadas, acordes a cada posto, ben remuneradas e cunha organización óptima", sinalou o portavoz municipal do BNG, David Carro. "Cómpre tamén recoñecer o esforzo das traballadoras e fomentar o seu ascenso profesional dentro das posibilidades e cunhas condicións previamente acordadas".

A proposta tamén alertaba sobre a necesidade de reforzar o cadro de persoal en áreas como urbanismo, onde continúa paralizado. “Moitos concellos como Bergondo vense obrigados a asumir competencias impropias sen dispoñer de medios suficientes. Precisamos crear prazas para garantir unha atención adecuada”, apuntou Carro.

A moción foi aprobada unicamente co voto favorable do BNG. "Lamentamos que o resto de grupos non se amosaran favorábeis de ampliar e mellorar dereitos laborais que solicita o propio persoal municipal. Estas melloras beneficiarían non só ás traballadoras e traballadores, senón tamén ao conxunto da veciñanza", concluíu.