“Temos que pensar que é A Coruña a que está a vinte quilómetros de Betanzos, non ao revés”

“Temos que pensar que é A Coruña a que está  a vinte quilómetros de Betanzos, non ao revés”
El Ideal Gallego-2015-05-07-017-2aa17619

“Dicía Mark Twain que cando alguén fala en público, ou minte ou está nervioso...”. Así empeza a explicar Henrique del Río como afronta a súa segunda campaña electoral como candidato do BNG. Con experiencia, si, pero igualmente o máis novo dos cinco homes que aspiran á dirixir á cidade na que este politólogo naceu en 1981. O seu primeiro obxectivo: frenar a sangría do desemprego en Betanzos.

Os resultados do BNG nas últimas convocatorias non foron bós. Perxudicará iso a súa candidatura ou nas locais pesa máis a persoa que a marca?
Supoño que as persoas inflúen porque somos humanos e temos sentimentos pero a xente vota un proxecto. Buscamos a unidade do nacionalismo e nese proceso celebramos asembleas abertas, o que supuxo que un tercio das persoas que figuran na lista sexan  independentes que se achegaron ao BNG.

¿O fracaso das conversas que mantiveron as forzas autodenominadas progresistas para tratar de formar una candidatura de consenso suporá un lastre á hora de chegar a acordos despois do 24-M?
Eu parto da premisa de que son proxectos distintos, pero non incompatibles ou irreconciliables. En calquera caso, o BNG considera que hai problemas que ten Betanzos que a día de hoxe non teñen solución porque o país non ten máis capacidade de decisión.

Que tipo de problemas?
Problemas concretos, case caricaturas, como pintar un paso de  peóns na Angustia, que depende dun señor de Madrid que non sabe onde está A Angustia... Ou acondicionar a ría, que depende de outro que non sabe o que é unha ría... Se o noso país puidera decidir, non pasaría iso.

Cando falaba de que os programas eran distintos pero non incompatibles tamén se refería aos que defenden PP e PSOE?
O PP e o PSOE son o problema, e evidentemente se son parte do problema non poden formar parte da solución. Pero somos educados e falamos con todos.

Quere dicir que non pechan a porta a ninguén?
O BNG preséntase para gobernar, cun proxecto político propio que entendemos que é o que Betanzos necesita. Non nos presentamos para apoiar a ninguén. Iso de ‘imos xuntarnos todos para que non goberne o PP’ é moi limitado, porque en Betanzos, nos últimos catro anos, se seguiron aplicando políticas do Partido Popular cun goberno do PSOE...

Catro anos despois, a cidade segue sen Plan Xeral. De entrar o BNG no goberno, partiría de cero na redacción do PXOM?
Técnicamente habería que mirar canto é aproveitable e canto non, pero desde logo que a nós o modelo de cidade que suxire non nos vale. A solución aos problemas de Betanzos non é promover 4.000 vivendas novas, senón rehabilitar o millar de inmobles vacíos que ten, no casco histórico e no rural. En todo o PXOM, só hai un artigo que se refire ao casco.

Urxen medidas para a recuperación do casco histórico.
Entendemos que é o plan estratéxico de Betanzos para pervivir como a cidade que é e non pasar a ser unha cidade dormitorio. Neste caso, temos o mellor asesor que se pode ter, que é Paco García, alcalde de Allariz, que se brindou a asesorarnos. A iniciativa privada fracasou, e nós defendemos crear un instrumento público de rehabilitación.

Municipal?
Sí, porque xa vemos o que podemos esperar da Xunta.

Pero o Concello ten medios e capacidade económica para asumir ese plantexamento?
Allariz é a metade en todo e fíxoo. Betanzos pode investir no  casco vello, pero non quere.

Pero o Concello ten medios e capacidade económica para asumir ese plantexamento?
Allariz é a metade en todo e fíxoo. Betanzos pode investir no  casco vello, pero non quere.

Betanzos renunciou a ser cabeceira de comarca ou a comarca renegou de Betanzos por diferencias políticas?
Renunciou, e ten que recuperala a todos os niveis. Temos que pensar que Betanzos non está a vinte quilómetros de A Coruña. Hai que darlle a volta a iso. É A Coruña a que está a vinte kilómetros de Betanzos”. 

“Temos que pensar que é A Coruña a que está a vinte quilómetros de Betanzos, non ao revés”

Te puede interesar