miércoles 21/10/20

“É un momento trascendental para Sada e para o Bloque”

Manuel Pérez Lorenzo é o novo responsable local do BNG de Sada, froito da asemblea celebrada o pasado luns pola formación nacionalista. Lito, como así se lle coñece, asume o reto nun momento que considera clave para eles e para o seu pobo, polo que quere seguir traballando a pesar de quedar fóra da corporación municipal nas eleccións do 24-M.

Pérez Lorenzo, nun pleno durante o pasado mandato	javier alborés

Por qué se presentou para este posto?
Falei coa xente e tiña moitos apoios. Tiña claro, desde que entrei no BNG, que o compromiso é tanto nas institucións como a nivel orgánico.
É tamén unha maneira de sacar a espiña de quedarse fóra da corporación?
Tras as eleccións decidín que quería seguir achegando cousas na medida das miñas posibilidades e iso pasa por asumir un posto como este en un momento de cambios para Sada e para o BNG. Hai que implicarse.

Que é o que máis lle motivou?
O grupo que temos no BNG. É o noso valor máis importante, a xente está moi ilusionada a pesar dos resultados, moi malos, nas eleccións. A palabra é cohesión.

Cales son os obxectivos a curto e medio prazo do BNG de Sada?
Aspiramos a colaborar en que haxa un goberno estable, progresista. Por iso insistimos no diálogo constante con todos os actores. Temos que contribuír á estabilidade en Sada.

Tras as eleccións, tiñan claro que apoiarían a investidura de Benito Portela. Por que?
Evidentemente apoiamos esa decisión dende ou primeiro momento, dende ou 25 de maio. E fixémolo por coherencia e por unanimidade tras a asemblea que mantivemos aquel día. O apoio a Benito Portela é por coherencia, porque é un partido co que compartimos ideas.

Ao non presentarse o voso candidato, tampouco había moitas máis opcións...
Non había dúbidas entre as dúas opcións, por iso alegranos que saíse investido o candidato de Sadamaioría.

Pouco transcendeu dos contactos mantidos esta semana co partido do alcalde. Hai boa sintonía?
De momento estamos a falar, algo que non sucedeu antes do día da investidura. Agora estamos a escoitar as súas propostas e analizándoas a nivel interno para seguir dialogando. n

Comentarios