jueves 22/10/20

Máis de seis mil vehículos ao día se benefician das prestacións da autovía da Costa da Morte

Dende a entrada en servizo da autovía da Costa da Morte, case 6.500 vehículos ao día se benefician das prestacións desta infraestrutura viaria, concretamente uns 6.000 vehículos son lixeiros e os restantes pesados. No tramo de corredor, a intensidade media diaria sitúase entre os 4.000 e 5.000 vehículos ao día.

Dende a entrada en servizo da autovía da Costa da Morte, case 6.500 vehículos ao día se benefician das prestacións desta infraestrutura viaria, concretamente uns 6.000 vehículos son lixeiros e os restantes pesados. No tramo de corredor, a intensidade media diaria sitúase entre os 4.000 e 5.000 vehículos ao día.
O pasado 29 de xullo a Xunta poñía en servizo máis de 27 quilómetros libres de peaxe que conforman a conectividade entre Carballo e Zas, mais a circunvalación de Baio, para proporcionar maior calidade de vida e benestar a toda esta comarca. No vindeiro ano avanzarase na prolongación desta VAP por fases, empezando por redactar o proxecto constructivo de Baio-Vimianzo. Os orzamentos da Xunta para o vindeiro ano reservan unha partida de 250.000 euros para avanzar neste proxecto.

Vertebración
Cun orzamento de máis de 170 millóns de euros, esta autovía é unha referencia da aposta do Goberno galego por avanzar na vertebración da comunidade a pesar das extraordinarias dificultades que a crise económica supuxo para este obxectivo.
Coa entrada en funcionamento desta infraestrutura viaria, os 120.000 veciños de Bergantiños, Soneira e Fisterra xa se benefician das vantaxes dunha vía que evita a circulación por sete quilómetros de travesías, coas consecuentes melloras que isto supón tanto para os condutores como para os veciños deses núcleos.
Esta autovía reduce case á metade o tempo necesario para desprazarse entre Carballo e Santa Irena e permite, ademais, facelo de forma cómoda e segura a través dunha estrada de última xeración.
A nova vía contribúe a que se desenvolvan os proxectos empresariais na comarca e se poñan en valor todas as bonificacións que a Xunta está a levar a cabo nos polígonos industriais da zona executados pola Administración autonómica, unhas bonificacións de ata o 50 por cento no prezo do solo.
Dende o punto de vista técnico, trátase dunha VAP cun trazado que, nun territorio como o de Galicia, supera os estándares habituais de autovía e garante as máximas condicións de seguridade viaria.
Segundo ten explicado a conselleira de Infraestrutras, Ethel Vázquez, estamos ante un auténtico reto para a enxeñería e a obra pública galega, ao construír, nunha soa fase e en pouco máis de ano e medio, os 27 quilómetros de autovía, que contemplan oito enlaces, seis viadutos e 33 pasos construídos. n

Comentarios