“Imos máis amodo do previsto, pero dando os pasos axeitados para transformar Sada”

“Imos máis amodo do previsto, pero dando os pasos axeitados para transformar Sada”
Portela confía nas posibilidades do plan para a praia de Sada Pedro Puig

Benito Portela escolle cuidadosamente as palabras para valorar o seu primeiro ano de mandato á fronte do Concello de Sada. Fala amodo, pero con seguridade, e só cambia o xesto cando rememora as inundacións do 30 de marzo de 2016: “O peor destes doce meses, unha situación traumática”, sinala o número un de SadaMaioría.

Como valora este primeiro ano do mandato 2015-2019?
Vai máis amodo do previsto, pero dando os pasos axeitados, non cometimos erros e –pouco a pouco– imos transformando a realidade de Sada.

Como é “gobernar a tres”?
Non miro a cor de cada concelleiro, só as competencias de cada un e as propostas coincidentes que temos para ese área en Sada.

Digamos que é vostede un alcalde que non acapara, que deixa facer aos compañeiros, sexan da súa mesma formación, do PSOE ou do BNG.
Considero que dou mostras de que son un alcalde que deixo facer, se ben é certo que, como responsable municipal da Área de Facenda, acabo controlando de maneira indirecta calquer proxecto que me plantexan, pero os concelleiros teñen liberdade de decisión dentro das súas competencias, e aqueles asuntos que consideramos vitais para o concello, tratámolas na Xunta de Goberno de Sada. Eu intento facer un goberno coral e aí se ve o cambio de mentalidade con respecto a épocas anteriores, a aqueles gobernos claramente presidencialistas que rexeron Sada.

Que foi o mellor e que o peor deste ano na Alcaldía de Sada?
O peor, sen dúbida, as inundacións, una situación traumática, pois nunca se conta cunha adveridade destas características, con esas escorrentías no mes de marzo, aínda que sabiamos das eivas das canalizacións, insuficientes para soportar a presión urbanística dos últimos decenios en Sada. En canto ao mellor, todos aqueles asuntos que ían no noso programa e que fomos quen de sacar adiante, como a aprobación provisional do PXOM ou os Orzamentos de 2016. Os orzamentos máis sociais que podiamos aprobar dentro da estabilidade orzamentaria, expansivos e axeitados para dar resposta as necesidades dos sadenses.

En que punto están as xestións para evitar unha situación como a do 30 de marzo de 2016?
Non é fácil que se volvan a dar as condicións meteorolóxicas dese día, pois o período de retorno é bastante amplio, coido que case cincuenta anos, pero eso non quere dicir que non sexamos conscientes do problema, e non imos parar ata conseguir as nosas reivindicaciós, que non son nin máis nin menos que as que corresponderían, nas mesmas circunstancias, a calquer concello de Galicia. Ademáis, estamos traballando a través de diferentes vías para buscar unha solución técnica. Estivo aquí personal de Augas de Galicia, mantivemos reunións con responsables de distintas empresas do sector da auga, houbo contactos coa Escola de Camiños da Universidade da Coruña, e creo que imos chegar a acordos para elaborar un estudio sobre o modelo hidráulico de Sada. Para definir as actuacións que mellorarían as condicións actuais e, ao mesmo tempo, planificar o futuro, algo que os expertos demandan aos políticos, que non tomenos decisións reactivas, senón preventivas.

¿Houbo resposta de Madrid aos retrasos no proceso de adxudación o proxecto de rexeneración da praia de Sada?
O que para nós é unha incongruencia porque o procedemento estaba rematado, para eles é a explicación: una lei para os gobernos en funcións que prohíbe adxudicar en períodos coma este, un sinsentido tendo en conta que non é unha decisión política, senón dos técnicos porque só restaba resolver o recurso dunha empresa... Non entendemos que este poida ser motivo para a paralización da obra.

“Imos máis amodo do previsto, pero dando os pasos axeitados para transformar Sada”

Te puede interesar