“Gaza é a maior cárcere ao aire libre que existe”

“Gaza é a maior cárcere  ao aire libre que existe”
Najla Shami no acto de apoio a Palestina en Santa Cristina j. Alborés

Najla Shami é unha cantautora que creceu entre Galicia e Kuwait, influenciada pola cultura galega, palestina e a arxentina. Onte participou nun acto de apoio ao pobo de Gaza promovido polo Concello de Oleiros.

Como está a vivir a ofensiva israelí sobre Gaza?
Fatal. Con moitísima impotencia, vendo como sucede dun xeito impune. Para min non é unha ofensiva, é unha masacre, é unha barbarie e a comunidade inernacional son uns bonecos do diñeiro. Todos somos obxectos para conseguir diñeiro.

Ten contacto con xente de Gaza?
Son amiga de Sami Ashour, presidente da Asociación Galaico-Árabe, que ten a súa nai alí, e por Facebook, que sabes o que está ocorrendo, porque moitas veces os medios non o contan.

Moita xente preguntarase por que non marchan de alí con estes bombardeos...
E a onde van a ir? Non poden escapar. Gaza é a cárcere máis grande ao aire libre. Os israelíes avisaban para que escapasen, pero como, se as bombas caen na túa casa. Hai unha resistencia, porque va nos seus xenes. Imaxínate, que ven alguén a túa casa e di que por designios divinos teñen moitos máis dereitos ca ti de estar alí.

Hai esperanza de que cesen os bombardeos?
Esperanza sempre hai. Gustaríame que todo o mundo vivira en paz. É normal que queiran sentir a súa patria, pero pasa porque Israel recoñeza que piden un sitio. Non poden impoñelo. Ten que ser polas dúas partes pero hai intereses escuros e prevalece o interese económico no medio Oriente, e non interesa que cese porque a guerra é beneficioso para outros.
É importante participar en actos como o de Oleiros?
É importante como calquer outra cousa. É un grao de area, porque todos temos a capacidade de cambiar cousas, aínda que este capitalismo voraz nos ten anestesiados. Non teño poder para cambiar o mundo, pero si o meu redor e o primeiro é o consumo responsable, porque podes non tomar Coca-Cola, porque os seus beneficios financia armamento, pero, ata que punto estás disposto? Pero así podes cambiar as cousas, e no económico é onde se fai mais dano, e onde se pode facer un cambio.
No plano artístico. Non é a primeira vez que actúa en Oleiros. Síntese ben acollida?
Son fantásticos, miman á cultura galega, o idioma e aos artistas do país, que as veces non tes canchas. Teiman por dar máis importancia ao de fóra, e o que temos en casa é o que nos diferencia. Sempre que fun a Oleiros sentín esa calor e é fantástico que tomen iniciativas como este acto, porque son as dúas terras que me conforman.

“Na lingua que eu falo” é unha mezcla de estilos. Fusión é a palabra que millor lle define?
Quizáis si. Non sei como definirme, pero estou feita de mestizaxe.

Ese traballo é unha homenaxe a Rosalía de Castro. Por que a elixiu?
Elixiume ela a min, non eu a ela. No 2013 era o 150 aniversario de “Cantares gallegos”, o libro máis importante da nosa cultura e fixéronse moitísimos libros. Galaxia propúxomo e dixen que si, porque era un traballo fermoso e interesante.

“Gaza é a maior cárcere ao aire libre que existe”

Te puede interesar