Francisco Montouto: “O asunto do PXOM debería estar liquidado este semestre”

Francisco Montouto: “O asunto do PXOM debería estar liquidado este semestre”
Copia de El Ideal Gallego-2017-02-04-015-05951a29

Francisco Montouto volveu ao Goberno de Sada para asumir a Concellería de Urbanismo e Emprego, e con ela un dos maiores retos da historia do municipio: aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Un primeiro obxectivo que acadou con data de 17 de marzo de 2016.  Dez meses despois, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio solicita corrixir una serie de deficiencias  para  su  aceptación definitiva, e o concelleiro explica por que, así como as consideracións polas que a coalición considera decisivo este primeiro semestre de 2017.

Cales son os pasos a seguir despois da orde remitida esta semana pola Xunta? 
Unha vez que Sada aproba o PXOM de manera provisional, este remítese Xunta para a súa autorización definitiva, pois é quen ten competencias, e eles examinan o expediente seguindo a anterior Lei do Solo de Galicia. Así, son varias as opcións posibles: unha aprobación definitiva, unha aprobación condicionada a unhos cambios, a denegación da aprobación definitiva ou, como fixeron, non outorgar a aprobación definitiva a expensas de que enmendemos certas cuestións. Unha vez enmendadas estas cuestións, volveremos a sometelo á votación do pleno para, unha vez aprobado, remitido de novo á Xunta para o paso definitivo. É unha orden de non aprobación condicionada a unha serie de correccións e enmendas.

Cando está previsto convocar a Comisión de Urbanismo?
Entendo que ao longo da semana que ven se celebrará a comisión.

Pero vostede xa fixo chegar a orde da Xunta a todas as forzas políticas do Concello de Sada.
Si, e ademais está colgado tanto na web do Concello de Sada como na da Xunta. Así que tanto os grupos políticos como a cidadanía en xeral teñen acceso a el, pois afecta a todos.

Unha vez corrixido, resolto polo pleno e remitido á Xunta, cando podería tardar en chegar a aprobación do PXOM.
Un ou dos meses, por iso consideramos que este asunto debería estar liquidado este semestre.

Que suporá isto para Sada?
Un PXOM non só determina hacia donde vas a medrar, senón como vas a medrar. Permitirá subsanar a actual carencia de equipamentos e aportará seguridade xurídica a determinadas situacións, ampliaránse os usos e as posibilidades do hotel...

Francisco Montouto: “O asunto do PXOM debería estar liquidado este semestre”

Te puede interesar