Casa Carmen, Casanova, Cho, Casa de Queixo e Lanzós finalistas da Semana do Pincho

Casa Carmen, Casanova, Cho, Casa de Queixo e Lanzós finalistas da Semana do Pincho
29 noviembre 2019 página 17 Betanzos.- Cerca de una treintena de establecimientos "peleará" por el primer premio de la Semana do Pincho de Betanzos Una representación de los hosteleros participantes dio a conocer el cartel de este a&

Casa Carmen, Restaurante Casanova, Cho, Casa do Queixo y Café Lanzós, son os cinco finalistas da novena semana do pincho de Betanzos despois da cata feita durante  os últimos días  nos 26 establecementos participantes polo xurado composto por representantes da asociación gastronómica Lar de Unta, a asociación de Comerciantes e Empresarios; a asociación de comerciantes do Casco Histórico, un representante da Reserva da Biosfera Terra das Mariñas e un representante do Concello. 

Profesionais do sector e representantes de diversas empresas colaboradoras elixirán deses cinco ao gañador deste ano o domingo  ás 11:00h no edificio Liceo. 

O obxetivo da Semana do Pincho é potenciar a gastronomía, a hostalaría e dinamizar outros sectores da cidade. A través do certame os hostaleiros optarán ao premio ao mellor petisco e a un premio “popular” que sairá dos votos emitidos polas persoas que nos próximos días degusten os petiscos.

Na relación de nomes de petiscos deste ano, que contan cun prezo desde 1,5 euro a 3 euros, encontramos desde un “Marismas do Mandeo” pasando por un “Trampantollo de Chocolate con Churros” ata un Submarino Occidental, “Su mai de mousse de cocido con maionesa de ponzu e teriyaki branco lexítimo”; Luriña rechea sobre crema de pataca, xamón ibérico con tomate natural; filloa de cogomelos de tempada con crema de queixo; bocata de polbo á grella; bolo pelón; ás de porco; piquillo recheo de bacallau con prebe de módena; Yatecomeré, A cabra tira ao monte; cocreta, petisco de queixos ao forno, histórica-burguer, e de sobremesa; caza e monte; zamburiña en escabeche de cítricos; saquiño crocante, cazoliña do mar; sorbete de mar, Tibuk; Arepa tres delicias e Patacón. 

Participan Yocri, Mesón Avenida, Ristorante Sinuessa, a Artesa da Moza Crecha, Cho,  Bar O Candil, A tasca, Adega do Pino, O Picho Carolo, Bar Paxeiro, Roncón Taberna, Café Bar Jenny O Bacel, Casa Carmen, ONZE, Adega Lastras, Casa do Queixo, El Histórico, Café Lanzós, Restaurante Casanova, Cervezoteca A Tinería, La Bodeguilla, O Recanto, Mesón a Tixola, Vinoteca Versalles, Bar Rabel, y O Furancho. 

As persoas que participen na votación para outorgar o premio popular deberán cubrir o boleto e selado en 5 dos 26 establecementos, para entrar así no sorteo de tres vales de compra por valor de 100 euros nos comercios asociados a ACEBE e un vale de compra por valor de 100 euros nos comercios asociados a Ches Casco (Comercio, Hostalería e Servizos non Centro histórico de Betanzos). 

Tamén haberá un sorteo a través das redes sociais de Betanzos tan cerca, en Instagram @betanzostancerca; en twitter: @BetanzosCerca; e en facebook.

As persoas que participen neste sorteo deberán “subir” ás súas redes de maneira pública unha fotografía cun dos participantes e un refresco de Coca-Cola coa etiqueta #PinchoBetanzos2019. As bases completas publícanse na páxina de Facebook oficial do Concello. Entre os participantes, levará a cabo un sorteo que dará como resultados 3 gañadores de lotes de produtos desta marca de bebidas.

Casa Carmen, Casanova, Cho, Casa de Queixo e Lanzós finalistas da Semana do Pincho

Te puede interesar