ARTEIXO - Tallón recibe o premio Manuel Murguía “encantado de pertencer a súa historia”

ARTEIXO - Tallón recibe o premio Manuel Murguía “encantado de pertencer a súa historia”
juan tallón (dereita), xunto aos dous finalistas pedro puig

Unha historia protagonizada por unha muller que actúa por “motivos escuros” foi o relato elixido polo xurado do certame literario Manuel Murguía como gañador na súa vixésimo segunda edición. Grazas a este relato titulado “Consanguíneos”, Juan Tallón subiuse ao escenario a recoller un galardón co que pasará a “pertencer a historia do Manuel Murguía”.
Como explicou despois da gala, noutras ocasións presentarase ao mesmo certame, pero só pisou Arteixo “como visitante”. Non foi ata esta ocasión cando o escritor logrou convencer ao xurado de que as súas liñas eran as máis acertadas para acadar o premio literario. Por iso, onte mostrouse “encantado”, ao tempo que descartou volverse a presentar, porque millor non tentar a sorte “nos sitios onde as cousas saen ben”.

Gala
O auditorio do centro cívico estaba onte repleto de estudantes de Arteixo, que acudiron para ver a entrega deste premio literario, tan arraigado en Arteixo.
Do lado institucional, presidiu o acto o alcalde, Carlos Calvelo, e a concelleira de Educación e Cultura, Celina Varela. Despois das intervencións de rigor chegou o momento de anunciar o vixésimo segundo gañador do certame. E, por medias, o auditorio puido disfrutar da voz da soprano Julia Cea.
Xunto a Tallón atopábanse os dous finalistas: Xosé Alfredo Naz, polo seu relato “Duelos” e David Pérez Iglesias, seleccionado grazas a “Vidros”.
O xurado tivo que elixir entre unhas cincocentas narracións para obter os tres finalistas, aínda que só un podería acceder ao premio de 3.703,70 euros que outorga o galardón.
Neste sentido, Tallón recoñeceu ser “incapaz” de poñerse na situación do xurado para atopar “os méritos” do seu relato, que lle levaron a subirse ao escenario do centro cívico como gañador da edición.
E o relatorio co que logrou o recoñecemento do xurado (vencellado á literatura e ao ensino), conta, “en términos abstractos”, a historia dunha muller que “por motivos escuros abandona a súa cidade, e por outros motivos tamén escuros, decide voltar”, explica o autor.

ARTEIXO - Tallón recibe o premio Manuel Murguía “encantado de pertencer a súa historia”

Te puede interesar