“Arteixo debería ter un FP relacionado coa súa industria”

“Arteixo debería ter un FP relacionado coa súa industria”
Copia de El Ideal Gallego-9999-99-99-999-605100d5

Carlos López Cotelo ten 20 anos e forma parte de Galiza Nova en Arteixo. Entrou na formación de forma oficial aos 16, aínda que, como expón, o seu interese pola política nacionalista e case unha herdanza, xa que o seu pai tamén é militante do BNG.

Estudou Formación Profesional: primeiro un módulo de Mecanizado e, agora, acaba de rematar Soldadura. Neste sentido, considera que os ciclos que se imparten en Arteixo non son os adecuados. “Unha das cousas que reclamamos son FP relacionados coa industria do textil, do metal... E non os temos, só están na Coruña ou Vigo”.

“A xuventude está a marchar do país, porque non encontra traballo e os FP son importantes.  Podíasen faer convenios de prácticas e para traballar coas empresas de aquí, porque logo che piden experiencia e con 19 anos, non pode ser”, lamenta.

Mocidade

Preguntado pola política municipal para os mozos, sorrí e afirma que “a pregunta é: existe?” Coma exemplo menciona as pistas polideportivas. “Pedíronse e fixeron todas estas, pero mal”. Sen saír do mundo deportivo, López Cotelo afirma que hai deportistas arteixáns de elite e “o Concello non fai nada por eles, como en iudo, natación... Merecen un apoio, económico ou facilidades para que compitan”.

“O Concello ten afastada á xuventude e é o municipio con máis xente nova, e están sen estudar, ou no paro”.

Sobre a involucración da mocidade na vida política, asegura que nas redes sociais, Galiza Nova de Arteixo ten “250 amigos”, e cre que “a xente si que se preocupa”. “Ten inquietude pero non da o paso para meterse en política”. Ademais, “nas folgas chegamos a todos os institutos e incluso pedíronnos charlas. No Manuel Murguía non nos deixaron, a pesar de que ía ser no recreo e non era para facer un mitin, só dar información”.

Por outro lado, nestes momentos integran o grupo novo do BNG catro persoas e gustaríalles ser seis para “ser máis autonómos e traballar para Arteixo”. Por iso, anima á xuventude arteixana a participar porque “é o momento ideal para revelarnos, e o nacionalismo é a única ferramente para defender a nosa terre, e a nosa cultura”.

Política

Apunta que nestes momentos, acode ás asembleas do BNG e ás reunións cos veciños, representando “á mocidade do BNG”. A súa impresión desas reunións: “nos núcleos están descontentos có PP, e nos rurais, algúns din que desde Franco están igual, non teñen nada novo e o alumado e as beirrarúas non existen”.

Califica os plenos en Arteixo coma “divertidos”. Apunta que a oposición “traballa” sobretodo o BNG, pero “o goberno pasa, moitas veces dan explicacións porque está a cámara do BNG”. En resumo, “é un mitin político de Carlos Calvelo”.

“Arteixo debería ter un FP relacionado coa súa industria”

Te puede interesar