ARTEIXO - “Algún que foi pedir auxilio a Servizos Sociais, saiu peor do que entrou”

ARTEIXO - “Algún que foi pedir  auxilio a Servizos Sociais, saiu peor do que entrou”
El Ideal Gallego-2013-10-20-017-d13dc113

José Márquez (TeGa) espera que para os orzamentos do 2014 haxa “unha partida para a radio municipal”.

Repasemos algunhas áreas. Que opina de Emprego?
É a concellaría do paro, porque cada vez hai máis parados e non fan nada por evitalo. A xestión cun concelleiro que ten a súa dedicación para solucionar os problemas dos parados, se lle escapa das mans e cada vez hai máis parados. A xestión é pésima.

Obras?
Tendo diñeiro, e agora coa dedicación de case 60.000 euros coa seguridade social, isto parece unha casa cuna do PP. As obras que estaban programadas para 2011, se comprometeron a facelas e así foi. Con outras, non estamos dacorco, dóelles pouco o erario, como o centro de formación. Se ía facer e estamos a espera, como o do centro de Rorís, se podía facer outras actuacións para cubrir necesidades. Na praza de Barrañán, os veciños nos din que non lles gusta, porque ten menos servizo. Coas beirarrúas da Cachada a Deputación escondeu o proxecto e agora parece que o Concello vai pagalas, e se ían facer ao principio do mandato e están sen empezar.

Servizos Sociais?
Ten moitos problemas porque a situación é mala polos recortes e non é fácil de poñela ao día. Agora, o que nos din e que algún que foi pedir auxilio, saíu peor do que entrou. Cando o pobo fala, é porque algo non funciona. E como a ordenanza de axudas de emerxencia social, a presentaron, pedimos que a retiraran e dixeron que nos chamarían a unha comisión para negociala e estamos a espera catro meses despois. Moitas veces as traballadoras non poden facer nada pola ordenanza, hai que darlles os medios e os recursos suficientes.

No 2005, votou a favor de crear Augarsa e agora, a favor da xestión pública. Por que ese cambio de criterio?
Non é un cambio de criterio. No 2005 había unha proposta dunha empresa mixta e todo apuntaba a que era unha boa acción, pero tivemos a mala sorte de que a empresa non saíu competente. Dimos un par de anos de marxe para que se puxera ao día. A empresa non andaba para diante e se tiro de hemeroteca levo moitos anos intentando forzar a que se dera esta situación, pero cun goberno en minoría non podíamos facer moitas cousas. Agora, despois dese marxe, se non cumpre co contrato, o que hai que facer é rescindir o contrato. No mandato pasado fixen varios intentos por facer auditorías para demostrar que non cumpría.

No pleno para asumir a xestión da auga e os traballadores, rompeu a disciplina de voto, para apoialo?
Fun un traballador e defendo a postura do traballador e non me parecería normal deixalos colgados para que tiveran que ir ao xulgado a defender o seu salario. Non rompín o voto, nós fixemos unha asemblea e acordamos que ese tema tiña que saír para diante porque entendemos que isto vai ir ao xulgado, e se termina no xulgado tampouco era necesario ir todos, con un era suficiente, e esa era a postura que entendín como máis correcta.
Entendo que o resto non o apoiaron por medo?
Medo non. Houbo distintos asesoramentos e distintas posturas. Por iso, decidiuse en asemblea que cada un votara en conciencia e por iso Charo –Figueiras– e María –Gorís– se abstiveron, aínda entendendo a postura dos traballadores, había dúbidas polos informes dispares, aínda que os habilitados non informaron de forma desfavorable.

Denuncian que o transporte adaptado se realizou sen contrato durante meses. Por que?
Soubemos que o servizo se efectuou sen contrato e o que fixemos foi pedir un listado dos servizos e as empresas. Curiosamente, este contrato non aparece, pero si outros que terminaran tamén. Comprobamos que en marzo finalizara o contrato e nas xuntas de goberno, vemos que en abril se retira do orde do día, e en xullo, outra vez, e argumentan que é para elaborar un regulamento para que os taxistas realicen o servizo, cousa que non nos parece mal, se se fai de maneira legal. O servizo prestouse entre os meses de abril e xullo sen contrato. A nosa pregunta é, se son conscientes de que ocorrería se se produce un accidente; se a empresa presentou facturas e como pensan pagalas. Imos pedir por escrito os informes a os técnicos de Servizos Sociais porque hai técnicos que non quixeron saber nada de poñer a súa firma e non ían mandar que continuará o servizo sen contrato. n

ARTEIXO - “Algún que foi pedir auxilio a Servizos Sociais, saiu peor do que entrou”

Te puede interesar