Lunes 17.06.2019

Alejandra Pérez | “Neste mandato, ao ter estabilidade, puidemos avanzar”

REXEDORA E CANDIDATA DO PSOE EN BERGONDO Aspira a acadar a maioría absoluta para levar a cabo a acción de goberno que plantexa para Bergondo.  De non conseguilo, recorrerá a pactos, que valorará no seu momento

Pérez Máquez encara con ilusión a campaña hacia o 26-M
Pérez Máquez encara con ilusión a campaña hacia o 26-M

Encara a campaña con ilusión e co entusiasmo que –di– “estamos a percibir no porta a porta” por parte dos veciños de Bergondo. Como sempre son días de moito axetreo pero “estamos contentos e sobre todo moi ilusionados”, indica a actual alcaldesa, Alejandra Pérez Máquez, que concorre por terceira vez como candidata do PSOE. 

Cales son os principios básicos da proposta do PSOE?
A nosa idea básica é impulsar melloras en servizos e infraestruturas que contribúen á calidade de vida para o cidadán de Bergondo. Consideramos básico o desenvolvemento de San Cidre para modernizar toda a contorna da casa do concello e acadar novos equipamentos públicos, zonas verdes, ademais do uso comercial que tamén será un factor de dinamización da zona. No apartado de benestar social, que sempre foi e será a nosa prioridade, apostamos crear un centro interxeracional, que sería compartido por maiores e pequenos, unha iniciativa social para proporcionar un servizo a colectivos claves. E apostaremos por abrir ludotecas que favorezan a conciliación ás familias de Bergondo. 

Tamén apostan pola renovación de infraestruturas e pola contorna de O Regueiro e O Pedrido...
É outro aspecto básico, o mesmo que o incremento da seguridade viaria. Apostamos tamén pola renovación enerxética da iluminación pública en todo o concello. E, si, a nivel ambiental queremos recuperar as contornas das praias do Regueiro e do Pedrido, son patrimonio natural no que merece a pena investir. 

Cales son, neste intre, cuestións prioritarias para Bergondo?
A aprobación do PXOM é imprescindible para impulsar o avance de Bergondo en todos os sentidos. Fixemos moitos avances e moito traballo e o próximo mandato hai que culminalo. Mentres, será moi importante desenvolver as modificacións puntuais do planeamento para actualizado á lexislación e que os veciños conten cun instrumento con maior seguridade xurídica e máis opcións de desenvolvementos urbanísticos. E ademais permitirá o mencionado impulso de San Cidre. Os proxectos de renovación de estradas como a N-VI ou a AC-214 son urxentes. Sobre todo no caso de Guísamo e Cortiñán, que son contornas moi residenciais, as actuacións non se poden demorar máis e loitaremos ante as outras administracións para que se executen canto antes. Considerámolas inaprazables. Outra prioridade será a xeración de oportunidades de desenvolvemento económico, e por suposto o emprego, que é unha das nosas preocupacións principais, polo que queremos poñer o noso grao de area para impulsar o emprendemento, a formación e  actividade.

En caso necesario, con quen estaría disposta a pactar, xa sexan acordos puntuais, xa sea una integración no Goberno de Bergondo?
Nós buscamos unha maioría estable que nos permita levar a cabo o noso programa e as nosas ideas de futuro, pero se temos que recorrer a pactos de goberno haberá que valorar no seu momento os acordos coas persoas e a coincidencia programática.

A cantos concellerios aspira a chegar o Partido Socialista?
Aspiramos a mellorar os resultados das pasadas eleccións. Loxicamente o noso máximo desexo sería contar cunha maioría absoluta para levar a cabo a acción de goberno que plantexamos. Apostamos por un goberno sensato, responsable e aberto, cunha experiencia de xestión clave, e cremos que os cidadáns o apreciarán á hora de decantar o voto.

Póñase nota a estos once anos como alcaldesa de Bergondo.
Como é lóxico, os primeiros meses resultaron os máis complicados, sobre todo ao ter que asumir de maneira repentina cuestións que non estaban da miña man. O primeiro mandato completo foi difícil polas restricións en materia de contratación e de investimentos que impuxo o Estado e tamén por ter un Goberno local en minoría. Este pasado mandato creo que avanzamos moito ao baixar esas restricións e ter estabilidade de goberno e notouse moito.

Comentarios