“Sería pouco comprensible e irresponsable que abandonase a organización”

“Sería pouco comprensible e irresponsable  que abandonase a organización”
abel lópez soto, en el hotel sada marina fotos: quintana

Despois de que os seus números dous e tres abandonasen o grupo municipal, así como o responsable local do BNG e varios membros da lista electoral, para embarcarse na nova aventura que supón a Asemblea Nacionalista de Sada, o que fose alcalde durante o mandato 2007-2011, Abel López Soto, móstrase tranquilo no que respecta ao futuro da organización e afirma estar convencido de que o Bloque continúa sendo a referencia na localidade, logo de ser a lista máis votada nos dous últimos comicios municipais. E non deixará a formación. Iso, dixo, o ten clarísimo.

—A primeira pregunta é obrigada. Como está despois do que pasou é como queda o grupo trala saída de dos concelleiros e a renuncia de varios membros da lista como militantes do BNG?

—A situación do grupo é simplemente que está renovado unha vez que se comunica á Xunta Electoral. Non hai máis nada que dicir a este respecto.

—Pero non lle sorprendeu, e polo tanto non quedou vostede un pouco tocado, despois de que as súas dúas persoas de máis confianza marchasen do BNG e preferisen formar parte doutro proxecto?

—Hai unha baixa dunha concelleira –María Xosé Carnota, número dous da lista e exedil de Urbanismo–, que sabía que era difícil que acabase o mandato incluso antes da celebración das eleccións do pasado ano. (Hai que recordar neste aspecto que no momento en que se anunciou públicamente a súa renuncia aducíronse motivos persoais, ademais de políticos.)

—Pero todo desátase, e non só en Sada, trala Asemblea Nacional do BNG, que desembocou na baixa como militantes de moitos edís en concellos de toda Galicia.

—Como consecuencia desaasemblea, a xente sacou diversas lecturas e iso provocou que houbese militantes que se fosen, pero iso é unha decisión persoal que eu respecto.

—Concretamente en Sada, ademais destes dous concelleiros, son moitos os membros da lista e ata xente que non ía pero que foi concelleiro con vostede, os que se están involucrando nun partido novo que lle fará competencia en canto ao voto nacionalista.

—Hai que dicir que o 80% da militancia do BNG decidimos quedarnos. Acabamos de elixir un novo responsable local e os dous novos concelleiros que substituirán aos que se foron –a propia Carnota e Miguel Tenreiro, quen era o número tres–. Isto significa que o BNG ten banquillo e que a lista electoral está para iso.

—O que non deixa de ser curioso é que, ademais do número sete –o seis, o seu anterior secretario persoal, tamén renunciou– haxa que irse ata o número 15 da lista para atopar ao segundo sustituto. Non son demasiados rexeitamentos?

—Este dato non quere dicir que todos os anteriores se fosen do BNG. Cremos conveniente que Xosé Lois (Suárez Becerra) entrase non grupo municipal. Cada situación ten o seu momento. El é fillo e neto de comerciantes e entendemos que o adecuado neste momento era que no BNG houbese unha persoa en contacto directo cun dos sectores que máis sofre a crise e Xosé Lois ten moita experiencia nese mundo.

—E de Manuel Pérez Lorenzo qué destacaría?

—Lito (así é como lle coñecen) é unha garantía de renovación no BNG. É licenciado en Historia, agora está facendo un máster e é autor de varias publicacións sobre Sada. É moi importante que estea no BNG e por iso está.

—Volvendo ás baixas que se produciron no seo do Bloque, vostede non estivo tentado de abandonar do mesmo xeito que moitos compañeiros afines a Irmandiños ou Máis Galiza? Vostede quédase por fidelidade a Carlos Aymerich, que decidiu trala asemblea permanecer no BNG?

—Nunca valorei esa cuestión. E o fixen por fidelidade a Sada e por unha sinxela razón: fun alcalde do BNG, nas súas listas e son eles os que confiaron en min. Sería moi pouco comprensible que abandonase a organización que me deu o privilexio de ser alcalde de Sada. Son militante e estou no BNG voluntariamente. Insisto, nunca o valorei.

—Nin siquera no futuro a medio prazo?

—Seguirei sendo o portavoz do grupo municipal. Agora sería unha irresponsabilidade non seguir facendo o traballo que desempeña o BNG tendo en fronte ao peor goberno da historia da democracia en Sada.

—Parécelle peor que calquera dos que vostede viu e criticou con Ramón Rodríguez Ares como alcalde?

—Rotundamente peor, sen dúbida. Hai actitudes e comportamentos de Ernesto Anido coa oposición peores que os que tiña Moncho. E así fíxenllo saber ao alcalde nun pleno.

—O BNG, polo tanto, vai continuar como ata agora, malia os cambios e desta convulsión?

—O BNG continuará como ata agora. Segue sendo a referencia en Sada porque o goberno local ademais empéñase en que sexa así. Fan oposición á oposición. O mesmo que Feijóo na Xunta e Rajoy no Estado. Deben gobernar, non dicir sempre o que fixeron os anteriores. Aquí Anido non fai máis que falar de nós.

—Algo máis fará...

—A única obra coñecida do goberno local é o Paseo da Fama. Iso o di todo. Non fixeron nada e as cousas teñen empeorado dramáticamente en temas como a economía ou o paro, con cifras nunca antes coñecidas en Sada. Ante iso, o BNG ten a responsabilidade de denunciar as cousas que están mal feitas.

—Para terminar, e por saír un pouco da actualidade exclusiva do seu grupo e do goberno local, quería preguntarlle pola situación do edificio do número 48 da avenida da Mariña, xa que os veciños afectados cúlpanlle de chegar a este ultimátum do xulgado para desalojar o inmueble.

—Non vou polemizar cos afectados, pero teño que lembrar que todo o que fixo o BNG con ese edificio foi para axudar aos veciños. Dicir que o Bloque é culpable por denunciar a ilegalidad urbanística é como dicir que a Garda Civil é culpable de que haxa delincuentes porque os denuncia. O problema vén desde 2001 e ese período está aí para que se poida analizar o traballo do BNG e o de Moncho e comparar, ademais da irresponsabilidade do promotor. E que a ninguén se lle esqueza que nós non goberamos. Anido é quen asinou o decreto do desalojo e el debe decidir que facer.

“Sería pouco comprensible e irresponsable que abandonase a organización”

Te puede interesar