“O PXOM é para os amigos do PP; non para todos”

“O PXOM é para os amigos do PP; non para todos”
Seixas é deputada “porque hai unhas leis non por estar dacordo” p.puig

Silvia Seixas é portavoz do BNG en Arteixo, responsable comarcal da formación e deputada. Asegura que as deputacións están “obsoletas”.

 

Podería resumir nunha frase este primeiro ano?

Poderíanse dicir infinidade de cousas. Prepotencia, antidemocracia, totalitarnismo absoluto nas formas, resumen perfectamente non só o PP de Arteixo senón ó xeral, pero en Arteixo o vivimos con especial virulencia.

 

Recentemente, subíronse as tasas de todas as actividades co rechazo do BNG

Un Concello que ten as contas saneadas, e as actividades serán deficitarias pero ten as contas como as ten, demostra que non é culpa de ter actividades se pode haber problemas económicos. Son as tasas que van directamente ao benestar e disfrute da cidadanía, da clase traballadora. Non podemos estar dacordo cunha suba desproporcionada. Ademais, non se privan de gastar cartos innecesarios como coa empresa de comunicación de 42.000 euros para mandar notas do PP, amañar un edificio por 120.000 euros —oficina de turismo— que ben valía cunha pequena obra, ou trasladar olivos por 7.000 euros que terían que facelo outras persoas ou subvencionar actividades aos amigos do PP, e só por poñer uns exemplos.

 

O BNG leva anos denunciando carencias en sanidade e parece que non se millorou...

Increméntanse porque o PP, co apoio do goberno municipal que apoia estas medidas porque disque de Larín a Meicende parece que non sofren os mesmos problemas cos recortes. Calvelo trata de confundir para xustificar o malgasto económico que está a facer. Falamos dun repago nos sanitario, problemas de axuda no fogar que machacan ás traballadoras en detrimento da calidade do servizo. O centro de Meicende segue sen ter servizo de tarde e non o solicitou. Seguimos sen o centro de Vilarrodís, a pesares dos continuos anuncios que responde máis a fins preelectorais e no de Arteixo xa vemos os problemas que hai.

 

Está dacordo con Calvelo cando di que se solucionarán co centro de Vilarrodís?

Levamos tres anos e medio escoitando dende a Xunta que se vai facer e non está nin licitado. Primeiro dixeron que sería con financiamento privado e nos venderon as súas ventaxas e agora o cambian. Hai que recordar que o centro de Vilarrodís foi unha proposta do BNG, pero pasaron sete anos e seguimos esperando a que se faga. Pero non é a única deficiencia, está o de Arteixo e o Meicende que solucionarían parte do problema se tivesen servizos.

 

A Xustiza deu a razón ao BNG na residencia de Monticaño e parece que a intención do goberno é legalizala?

As leis están para que se cumpran e os gobernos teñen que cumprilas e durante moitos anos neste concello pasáronse polo moño a lexislación. Paréceme discriminatorio que hai veciños que teñen terreos cos que non poden facer nada e parece que o PP se rin deles, porque hai xente que cumpren a lei, e é de agradecer. Non valoro para nada as declaracións de Calvelo porque responden a contentar aos que fixeron o que lles diu a gana. Considero que isto é unha routada máis, ás que xa nos ten acostumados. Pensamos o mesmo que os que cometen delitos e quen o permite teñen que pagar, e a sentenza di o que di.

 

Que opina das 6.000 vivendas que planea o PXOM?

Non comento nada sobre o PXOM porque non temos información. Non sabemos se se está a traballar para algúns ou para todos. É unha falta de respeto que pleno tras pleno pedimos información e non dan ningunha resposta e aos veciños tampouco teñen coñecemento sobre como se está a favor e eles se dediquen a lanzar informacións en diferentes foros que parece que é para informar á xente que ten intereses e entre eles do goberno local, porque aquí coñecémonos todos e vemos os que visitan os despachos do PP sen cancelas cando ao resto se lle prohibe. O plan xeral como outras medidas son para catro amigos do PP e non vai ser para ben de todos.

 

É deputada pero está en contra das deputacións...

As adminsitracións decídennas as maiorías e as deputacións non. Estou porque hai unhas leis que as recollen, pero iso non significa que esté dacordo. Como política teño unhas ideas e quero contribuir a que se mellore. Non descubro nada novo se digo que o BNG defende outra organización e sempre dixo que as deputacións están obsoletas, lonxe da cidadanía. Non teñen sentido porque que ten que ver Arteixo con Arzúa. Temos máis que ver con A Coruña, Culleredo, Oleiros, onde nos desprazamos para traballar para estudar. Á realidade é comarcal. E todos eses recursos das deputacións suporían un aforro de 400.000 millóns e non teñen políticas activas e a metado do diñeiro é para persoal. Míntense cando din que o aforro en concelleiros é brutal. En Arteixo eu cobro 170 euros por pleno e as dúas comisións que temos. O aforro vería se se regulasen os salarios do goberno en función dos orzamentos e se acabasen esas triquiñuelas do PP. Porque en Arteixo teñen dous secretarios simpatizantes do PP, e teñen un custe sobre 60.000 euros e un gabinete que só fai notas para o PP e na mesa de contratación meten cinco políticos do PP e se intercalan para cobrar todos. E iso é o que dana á administración. Pero poderíamos falar de moitas cousas como que se subvencionen con cartos públicos a medios de comunicación para que se poñan do seu lado cando hai algo criticable. n

“O PXOM é para os amigos do PP; non para todos”

Te puede interesar