“O meu obxectivo é manter o contacto coa veciñanza e axudar a resolver problemas”

“O meu obxectivo é manter o contacto coa veciñanza e axudar a resolver problemas”

Xabier Maceiras tomou posesión da súa acta de concelleiro no pasado pleno. Os seus primeiros escarceos coa política foron de rapaz, e tras deixala a un lado, cando foi pai retomou con ímpetu as súas inquedanzas. Os seus fillos son a séptima xeración no Rañal e aos seus 42 anos pódese dicir del que é un historiador “amateur” de Arteixo. Por certo, está a piques de publicar o seu primeiro libro “O mar de Arteixo. Os seus naufraxios”, unha obra que nace da súa afección polas hemerotecas, arquivos e, sobre todo, por “escoitar aos maiores”.

 

Cando tivo os seus primeiros contactos coa política?

Foi cando tiña 18 ou 19 anos, na época de Pacucho –voceiro do BNG–. Por entonces xa toquei algo, botaba algunha man cando había que repartir ou o que fora... Por circunstancias afasteime e, cando fun pai, a percepción política volveu saír polo estado do país. En definitiva, para aportar o meu gran de area para cambiar as cousas, e volvín con más ganas se cabe. Vin como traballaba o BNG, e alí me quedei.

 

No asociacionismo, tamén é unha persoa activa

Fun un dos fundadores con 17 anos da Asociación Cultural do Rañal e membro da asociación veciñal. Sempre estiven axudando á asociación e iso me valeou para ver os problemas dende outra óptica.

 

Como se vei a vida política municipal, sendo membro dun partido pero sen ser concelleiro?

Ás veces dá a sensación de que hai guerras continuas... Parece que todo cansa, pero xa se sabe o que din, sarna con gusto... E ao final, para tratar de cambiar as cousas, cando ves inxustizas... Era o que dicía antes, aportar o teu gran de area.

 

Substitúe a Xurxo Couto, unha persoa moi tranquila e pausada. Vostede é máis vehemente. Cambiará iso a forma de facer oposición do BNG?

–Sorrí– Xurxo ten un carácter e eu outro, non cabe duda, e fixo un gran traballo e tratarei de seguir nesa liña, aínda sabendo que somos distintos. Non estou aquí para gañarme enemizadas con ninguén, pero se as circunstancias o fan que sexa así. Pois nada, que lle imos a facer.

 

Pediulle algún consello a Couto?

Temos contacto casi a diario. Aínda que estou moi contento dentro do BNG, a verdade é que un dos mellores premios que me levo é a súa amizade.

 

Como viviu o seu primeiro pleno?

Baixando as orellellas para esquivar as balas. A verdade e que sorprendeume a doble polémica que houbo. Por un lado dentro do PSOE e por outra entre Seco –portavoz socialista– e Calvelo –alcalde de Arteixo–.

 

Chega tamén xusto despois das eleccións autonómicas. Que interpretación fai dos resultados en clave local?

A vara de medir ten que ser distinta. As eleccións autonómicas sempre están no último escalón por participación, aínda que sigo ahí, en “stand-by”. O problema non é só noso, a problemática é da sociedade galega polo “eu paso”, “todos son iguais”. Non só é do BNG porque 800.000 persoas se abstiveron. A política comeza na comunidade de veciños.

No meu primeiro pleno estiven baixando as orellas para esquivar as balas entre  seco e calvelo

Os meus primeiros contactos coa política foron aos 18 anos no bng, cando xa botaba unha man a Pacucho

 

Que obxectivos se marca para o que queda de mandato?

Quero seguir na mesma liña persoal, en contacto coa veciñanza e axudar a resolver problemas. Levo moitos anos traballando a nivel colectivo e espero seguir tendo ese contacto. Loitarei polo tema cultural e a toponimia, e tamén polos temas medioambientais, sobre todo polo lugar onde vivo. Pero na toponimion vou insistir moito polo estado de abandono no que está, só hai que ver os carteis das praias. n

 

“O meu obxectivo é manter o contacto coa veciñanza e axudar a resolver problemas”

Te puede interesar