“Non nos podemos quedar nunha escisión do BNG”

“Non nos podemos quedar  nunha escisión do BNG”
06 noviembre 2011 betanzos.- fotografía de antón sánchez garcía, candidato del bng al senado

Deixa o BNG, pero non o Concello de Bergondo. Antón Sánchez García pónlle cara á Asemblea Nacionalista de Bergondo, á que non só se suman os “escindidos”, senón calqueira que teña inquietudes e esté disposto a traballar por Galicia. “É necesario construir outra alternativa política”, defende Sánchez, quen insiste en que o caso bergondés, aínda que non é illado, sí é especial, xa que a saída dos dous concelleiros electos e da maioría dos integrantes de candidatura foi unha decisión colectiva, adoptada na asamblea por unanimidade, incluso cos apoios das tres personas que acordaron continuar no BNG. “O problema non era nin é Bergondo, onde imos seguir traballando como ata agora, sen variar o programa co que concorremos os comicios do 22-M”.

Para Antón Sánchez, o problema foron as diferencias coa actual dirección da formación frentista, pero evita o enfrontamento cos seus excompañeiros do BNG. Dende a Asemblea Nacionalista tratarán de chegar a todas as parroquias da localidade, onde pretenden crear grupos de traballo, e, sobre todo, loitar por un PXOM “real” e consensuado e a aprobación dun Regulamento de Participación Veciñal para Bergondo.

No próximo pleno da corporación, Antón Sánchez e Juan Fariña poderían ser xa “Grupo Mixto”, unha vez que o BNG ten anunciado que notificará ao Concello de Bergondo a súa baixa e que, en consencuancia, xa non representan ao Bloque, e que eles mesmos dirixirán un escrito á alcaldesa, Alejandra Pérez Máquez.

“Dadas as circunstancias especiais de Bergondo, plantexamos ao BNG seguir representando a formación ata o final do mandato, coma independentes, pero non quixeron”, explica este enxeñeiro agrónomo de 38 anos, veciño de Lubre. Para Sánchez e a Asemblea de Bergondo ábrese unha nova etapa, marcada pola necesidade de construir as bases dunha alternativa que, para el, non pode quedar só nunha escisión do BNG.

O grupo prepara un boletín no que trata de explicar a tódolos bergondes a súa decisión.

 

“Non nos podemos quedar nunha escisión do BNG”

Te puede interesar