Presentación del libro de Santiago Juega Puig

xoves 21 de agosto, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do libro: “GALICIA Y LA SEGUNDA CIRCUNNAVEGACIÓN A LA TIERRA. SIGLO XVI” do profesor e escritor Santiago Juega Puig.


O 24 de xullo de 1525, partiu da Coruña a expedición de Loaísa, formada por 450 homes e 7 naves. A misión era chegar ás illas Molucas para comezar o comercio das especias, a pesar das dificultades e os contratempos que enfrontou esta expedición, un dos membros da tripulación conseguiu uns anos máis tarde, grazas á experiencia adquirida, atopar a ”tornaviaxe”, o traxecto de regreso de Filipinas a México, nacendo así o roteiro do Galeón de Manila, que uniu tres continentes, Europa, América e Asia, a través do Atlántico e o Pacífico, durante 250 anos, desde 1565 ata 1815.


Fecha inicio: jueves, 21 de agosto de 2025 20:00
Fecha fin: jueves, 21 de agosto de 2025 22:00
Lugar: Portas Ártabras
Dirección: Calle Sinagoga, n.º 22, A Coruña
Volver a la Agenda

Próximos eventos