Pemón Bouzas | “Hai que falar do que pasou, non só para que non se repita, senón por saúde democrática”

Pemón Bouzas | “Hai que falar do que pasou, non só para que non se repita, senón por saúde democrática”
O escritor e xornalista Pemón Bouzas co seu novo libro | Pedro puig

A pesares da cercanía no tempo, e incluso no espazo, hai unha parte da nosa historia recente sumida na densa néboa da memoria esquecida. O xornalista e escritor Pemón Bouzas busca mergullarse, e mergullar ao lector, nunha fase recente da nosa historia, a das partidas da guerrilla antifranquista e da contrapartida trala guerra, e faino da man de testemuños directos, vestíndoos cunha mínima parte ficcionada, en “Cando os lobos escoitaban a radio” (Xerais Narrativa).

 

Como xurdiu esta idea?

Este libro chegou por veciñanza. A miña muller tiña veciños e me ía dicindo “esta muller é Alida, estivo na partida de Girón, estivo acusada de traidora... este é Esteban Losada, estivo torturado para que delatar á partida...” e, nese momento, estaba empezando a ler sobre a posguerra e guerrilla antifranquista no noroeste. Aí dixenme que me tiña que enterar más de quen era este home, Girón, de quen era Alida e toda a tropa. Logo de ver iso dixen “teño que meterlle man, teño que contar esta historia. Pero, moi lentamente fun madurando a historia na cabeza, entre lecturas, escribindo outros libros... e, de repente, morre Alida, xa non me dera tempo a falar con ela. Pero sí que puiden falar co seu fillo. Despois tiven oportunidade de falar cun guerrilleiro que sigue vivo, que hoxe ten 97 anos (Quico). Ese foi o motor, a veciñanza, pero tamén a inquedanza dun personaxe descoñecido.

 

É estraño falar dunha historia pouco coñecida cando ocorreu hai tan pouco.

71 anos hai desto. A sorte foi que, a parte desa perspectiva que me podía dar Losada, todo o que sufriu dende os 14 anos e todo o que lle contaba a nai, cando lle contaba algo. O guerrilleiro de 97 anos (Quico) dicíame que un dos valores que ten o libro era que eu contaba algo que el non entendía como os historiadores que xa fixeron traballos sobre memoria histórica non mencionaban, e é o feito de que tantos falanxistas os axudaron, porque ao mellor eran falanxistas por ideoloxía ou por conveniencia, porque gañou a guerra quen a gañou e pensaban que poderían ser os seguintes. Entón él dicía que non entendía por que non se contaba toda a verdade dos guerrilleiros, que foran escondidos por tantos falanxistas que os agochaban nas súas casas, e mesmo por Guardias Civiles, cando non vivían nos cuarteis. Do que tampouco se fala demasiado é da parte negativa do Partido Comunista de España, das traizóns que custaron a vida de moitas personas.

 

Precisamente, cando introduce ao personaxe do Guardia Civil, chama a atención esa sensación de “eu estou neste bando, pero non sei por que”.

En época de fame agárraste ao que hai e, sobre todo, rapaces novos en plena posguerra, familias mortas de fame, porque hai que ter en conta que o racionamento durou hasta ben pasado a metado dos anos 50. Estamos a falar que nos 40 había que comer e unha alternativa era dicir “onde me meto”. No Exército pasaban fame, na Garda Civil tamén, pero menos, porque había un salario polo menos. Esa foi unha das saídas, aínda que fose xente demócrata. Hai que lembrar que a Garda Civil era maioritariamente republicana e que, de feito, Franco quixo disolvela cando triunfou. Foi un xeneral quen lle dixo que a utilizara en contra da guerrilla e dos “izquierdosos”. Sorprende, pero hai que dicilo.

 

Cando publicou a obra, houbo xente que lle contou que na súa casa tamén se esconderan guerrilleiros. Dan pé esas historias para seguir co fío para outras obras?

Sei o que quero escribir reincidindo nesta temática, pero, en principio, non é a miña intención continuar neste fío a nivel de narrativa. Seguirei lendo o que se vaia producindo, de feito acabo de ler o de Quico, que é interesantísimo, sobre todo por descoñecido, polo mal acollidos que foron, polas traizóns do PCE... é un tema do que seguirei lendo. Hai que falar do que pasou, non para que non se repita, senón por saúde personal e mental, por saúde democrática. 

Pemón Bouzas | “Hai que falar do que pasou, non só para que non se repita, senón por saúde democrática”

Te puede interesar