María García: “Dalgunha maneira, Inés Rey tomou decisións que eran unha regresión democrática inaceptable”

María García, fronte á sede de Marea Atlántica na praza do Humor | quintana

Voceira do grupo municipal da Marea


A concelleira da Marea Atlántica, María García (A Coruña, 1978), é voceira dun grupo municipal moi particular. O seu partido chegou ao Goberno no anterior mandato sen ningunha experiencia de xestión e agora, no de Inés Rey, exerce por primeira vez na oposición. Sen embargo, a Marea está acostumada a negociar co PSOE, algo que tiveron que facer en ambos os dous mandatos.


Como foi a súa relación co PSOE?

Fomos pasando por todas as fases: a de entendernos e outras nas que o PSOE prefería gobernar en solitario. Os resultados están á vista.


Por exemplo?

Coa Marea Atlántica xurdiron as políticas máis innovadoras, aprobáronse dous orzamentos, abordáronse as necesidades da cidadanía: os nove millóns en vivenda, a gratuidade das escolas infantís, a eléctrica municipal...


E sen a Marea?

2021 sen orzamentos, por unha decisión unilateral, o episodio de transfuguismo e a incorporación dunha exconcelleira de Cidadáns. Nós constatamos, neste terceiro ano de mandato, que á cidade vaille mellor cando se pacta coa Marea Atlántica.


A alcaldesa di que temas como o de Mónica Martínez non lle importan á xente.

Iso é como se renunciáramos a ter principios. A xente non pregunta polos principios e sen embargo son un fío conductor das actuacións. Gobernar un concello non é só ter os contenedores limpos.


Cal foi o momento de máis tensión co Goberno local? Cando lles obrigaron a renunciar ao seu plan para os peiraos a cambio dos orzamentos?

Non. O Goberno sabía que se quería ter un orzamento sabía que eses vinte millóns tiñan que dedicarse aos barrios. O momento de maior tensión foi despois do verán de 2020, cando o Goberno de Inés Rey decide emprender un camiño en solitario en plena crise da covid. Decisión absolutamente lamentable. Como incorporar a Mónica Martínez nunha operación de transfuguismo de libro. Inés Rey pensou que gobernaba con maioría absoluta e, dalgunha maneira, tomou decisións que eran unha regresión democrática inaceptable. En parte, se solucionou coa aprobación dos orzamentos.


E agora?

Entramos noutra fase. Empezamos a pedir explicacións pola falta de axilidade para executar eses acordos. Se nós estamos empezando a exercer máis presión é porque consideramos que se hai uns cartos nos orzamentos para contratar psicólogos e envialos aos centros cívicos, non entendemos por qué non se executan. Ou as axudas á vivenda.


Tampouco se levaron adiante temas que xa tiñan adelantados no seu mandato. Como o millonario contrato da planta de reciclaxe.

A miña valoración da actividade de Medio Ambiente é moi deficiente. Non están sacando adiante o seu propio traballo. Con Nostián escúdanse na nova normativa pero pasa o mesmo con parques e xardíns, a calidade das augas... O parque de Breogán é dos poucos proxectos que sobreviviron porque, se non, perdían os fondos Eidus.


Pode achacarse á pandemia?

Gozaron da comprensión da oposición, pero xá é unha muletilla.


Celebraron as Mareas Vivas para renovar o equipo de cara as próximas eleccións. Renúnciase á experiencia acadada?

Non. Nós seguimos na organización e hai mais xente con experiencia. En 2015 eramos todos caras novas.


Nas municipais sairá un partido con maioría absoluta?

De momento, parece que non. Iso ao que conduce é a que haxa maior protagonismo de todos os axentes.


As forzas da esquerda reuniranse en proxectos como o de Sumar de Yolanda Díaz?

Ese proxecto aglutinador aseméllase moito ao que foi a Marea en 2015, pero non temos ningunha proposta de como se materializa iso. Así que a Marea segue o seu camiño e se chega algunha proposta, será estudiada.


A escisión de Podemos coa concelleira Isabel Faraldo non proba o difícil que é facer piña?

A Marea Atlántica fixo todo o posible para manter o grupo municipal co que concorremos ás eleccións. Se Podemos quixo reivindicar a súa marca, son eles os que teñen que dar as explicacións.

María García: “Dalgunha maneira, Inés Rey tomou decisións que eran unha regresión democrática inaceptable”

Te puede interesar