Abre a campaña extractiva de centola e de boi nas provincias da Coruña e Pontevedra

Abre a campaña extractiva de centola e de boi nas provincias da Coruña e Pontevedra
19 noviembre 2013 página 28 CANGAS DE MORRAZO (PONTEVEDRA), 18/11/2013.- Unos pescadores descargan centollas en la lonja de Cangas de Morrazo, en una jornada en la que la Consellería do Medio Rural e do Mar ha abierto hoy la veda de este ani

A Consellería do Mar abre este domingo a campaña extractiva de centola e de boi nas provincias da Coruña e Pontevedra a petición do propio sector.

Nas áreas que van de Cabo Corrubedo a Cabo Estaca de Bares e de Cabo Corrubedo ata A Garda, a flota con porto basee nestas zonas e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00,00 horas deste domingo e levar especies á lonxa o luns.

Así o indicou a Xunta nun comunicado, no que tamén indicou que a campaña deste crustáceo nestas dúas provincias se prolongará ata o inicio da veda do ano 2017, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión.

No caso da parte que vai de Cabo Estaca de Bares ata o río Eo -- incluíndo a Ría do Barqueiro--, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 4 de decembro.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, ao cal se engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo.

Abre a campaña extractiva de centola e de boi nas provincias da Coruña e Pontevedra

Te puede interesar