Abraham Cupeiro | “Moitas veces, non nos damos conta do patrimonio que temos”

Abraham Cupeiro | “Moitas veces, non nos damos conta do patrimonio que temos”
Abraham Cupeiro nunha actuación pasada na Coruña | Patricia G. Fraga

O auditorio do Ágora mergullarase esta tarde (21.00 horas) nas profundidades do tempo, para viaxar pola historia musical da man de Abraham Cupeiro, acompañado por unha orquesta de cámara. “Será unha viaxe que nos levará a miles de anos atrás e que percorreremos con instrumentos perdidos no tempo”, explica o propio músico sobre ‘Os sons esquecidos’, o proxecto co que actúa esta tarde e que porá fin ás celebracións da ‘Semana C’, coa que A Coruña festexou as Letras Galegas.
 

Ademáis dos instrumentos da orquestra que o acompaña sobre o escenario, Cupeiro fará soar unha vintena de instrumentos, que non son máis dunha décima parte da súa colección, que xa supera os 200, adquiridos “nas miñas viaxes ou de xente que chos agasalla”. Ademáis, “construín uns 50 instrumentos coas miñas mans, de épocas pretéritas”. 
 

Abraham Cupeiro toca en espectáculos coma o de hoxe instrumentos como o carnyx, esa “trompeta celta que construín e que é un instrumento que xa só a imaxe chama a atención, algo que os celtas querían, que fose un instrumento impotente, pero o seu son tamén é embriagador”. O músico sinala que chegar a estes instrumentos “é un traballo de moitos anos”. 
 

Non só os toca, senón que tamén os constrúe e explica que atopar o son é algo natural. “Do mesmo xeito que vemos un coche e sabemos se é de gasolina ou diésel, un músico que constrúe e toca instrumentos tan antigos, tamén ao velos, sen tocales, dase conta do que pode soar”, apunta, o resto, “é ensaio e error, utilizando técnicas que siguen vixentes en culturas orais, que manteñen o xeito de tocar en instrumentos semellantes”.


Co tempo, ademáis de atopar novos instrumentos en viaxes, Abraham converteuse nunha “sorte de imán”. Hai pouco tempo, en Alcalá, atopáronse dous aulós gregos, “que é un instrumento superantigo, que atoparon nunhas caixas”. Trátase dun instrumento da época clásica grega, que él xa construira no pasado. Contactaron con él e mandáronlle fotos para identificalos. “Ao final, te acabas convertindo nunha sorte de imán, vas atraendo todos estes instrumentos antigos ao teu mundo”.

 

Aventura musical

Él comezou a súa aventura musical no eido das bandas, en Sarria, onde naceu. “Na banda íbanche dando o que quedaba libre”, así que comezou cos pratiños e, logo dun ano, déronlle un fliscorno. “A partir de aí, levo soprando dende hai máis de 30 anos”, apunta entre risos. 
 

Sobre os seus inicios, e amor pola música e a súa historia, explica que “dende cativo tiven a sorte de ter esa sensibilidade cara o que me rodea”. Iso apuntaba cara o patrimonio cultural, do que cree que “moitas veces non nos damos conta do patrimonio que temos, porque aquí o culto e o popular van da man”, senón tamén “cara a miña lingua, que non deixa de ser algo sobre o que pasamos por riba moitas veces, pensando que é algo sinxelo, pero que é un tesouro que temos que conservar”.
 

De cara ao futuro, asegura que eses aulós dos que falaba terán protagonismo, porque “é un instrumento que utilizo no meu próximo proxecto, que se chama ‘Mitos’, unha mirada a como vemos o cosmos e como fomos conformando historias que nos deron pé a entender e darlle lóxica ao noso mundo. 

Abraham Cupeiro | “Moitas veces, non nos damos conta do patrimonio que temos”

Te puede interesar