lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

A Xunta presenta no instituto Rafael Dieste a V edición do programa ‘21 días co galego e +’

La presentación del programa tuvo lugar en el instituto Rafael Dieste | Quintana

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez,  participaron onte no acto de apertura da quinta edición do programa ‘21 días co galego e +’. Ten por obxectivo promover o uso do galego entre a mocidade, tanto dentro como fose da contorna escolar.


A nova edición, que xa deu comezo, desenvolverase en doce centros educativos ata o próximo 13 de febreiro. Participarán máis de 4.500 persoas, entre alumnado, profesorado e persoal de administración. Superará nun 20% a participación do pasado ano, alcanzando  a maior cifra nos cinco anos de traxectoria do programa. Co lema ‘Falando para un mundo mellor’, contará, como soporte central, cun blogue no que o alumnado transmitirá a súa experiencia. Ademais, terá presenza nas redes sociais.


A sesión inaugural tivo lugar onte no instituto Rafael Dieste, un dos centros participantes na iniciativa autonómica. No acto estiveron tamén presentes o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o director do instituto, Mateo Torres, e a profesora creadora da iniciativa, Piar Ponte. Os demais centros participantes, situados fóra do termo municipal da Coruña, realizaron tamén onte a súa propia xornada de apertura. 
 

A Xunta presenta no instituto Rafael Dieste a V edición do programa ‘21 días co galego e +’

Te puede interesar