O BNG insta ao PP a solicitar a demisión do edil que fixo referencia ás cunetas no Pleno de Sada

O BNG insta ao Partido Popular que solicite a demisión do seu concelleiro Aurelio Lonja, que na última sesión ordinaria do Pleno de Sada fixo mención ás cunetas tras abordar a situación do Pazo de Meirás.
O edil "realizou unha intervención lamentable" despois de que o alcalde, Benito Portela, e o voceiro nacionalista, Emilio Graña, estiveran falando do enfoque que se pretende dar ao Lugar de Memoria Democrática de Meirás. "Quixo facer un xogo moi desafortunado de verbas que denota un desprezo absoluto ás victimas do franquismo", sinalan desde O BNG.
Para os nacionalistas, despois de que trascendera o video da intervención, "o PP pediu desculpas coa 'boca pequena' sobre a 'expresión desafortunada' culpando ao BNG de terxiversar interesadamente as verbas do concelleiro", engade o Bloque Nacionalista Galego.
"Nós non puxemos frases na boca de ninguén -aclaran- e hai un video do pleno que calquera pode consultar", e esta intervención de Lonja "xerou unha indignación entre colectivos de recuperación da memoria", por lo que, "se o PP como organización fora coherente coas desculpas que publicaron, debera pedir a demisión do seu concelleiro", pois "é inadmisible trivilizar asasinatos, 'paseados', e cadáveres nas cunetas do noso pais durante o golpe e dictadura militar" de Franco.
Así, consideran que "non é tolerable por parte dun cargo público dunha organización política facer un xogo de palabras desafortunado sobre este tema" e "por coherencia deberan presentar a demisión do seu edil" en Sada.















