Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Sada

Benito Portela, rexedor de Sada: “Vivin moitos anos sen ser alcalde e creo poderei seguir vivindo, non é iso o que a min me quita o sono”

El alcalde, Benito Portela, en la casa consistorial de SadaBenito Portela, alcalde de Sada
El alcalde, Benito Portela, en la casa consistorial de Sada
Patricia G. Fraga
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A aprobación dos orzamentos, o superávit de case catro millóns, o que sucederá con Meirás e as incógnitas sobre as eleccións marcan a actualidade de Sada. Nun momento clave para o municipio, o alcalde, Benito Portela, analiza a situación económica, os acordos acadados coa oposición, os retos pendentes e o que non está aínda decidido a un ano das municipais de 2027. E un reto antes de acabar o mandato: encarrilar a obra do río Maior.

Esta semana anunciaron un superávit de case 4 millóns no Concello de Sada. Iso é bo ou malo? 

Iso dá mostras da realidade do Concello de Sada. Levamos once anos nos que non houbo dispendio, senón unha xestión rigorosa e, ó mesmo tempo,  tivemos máis capacidade de contratación que non estivemos executando, e iso xenera superávit. Ademáis, o nivel de ingresos tamén mellorou pola coxuntura económica xeral e, nomeadamente, pola situación de Sada. Non só se incrementou a actividade urbanística, senón todas as actividades e, como o que comentou hai uns días o concelleiro non adscrito, os ingresos do IAE (Imposto de Actividades Económicas) medraron un 12%. Iso é porque as empresas aumentaron a súa facturación anual e, evidentemente, iso repercute en más ingresos. En canto á xestión municipal, creo sinceramete que fixemos unha xestión rigorosa do gasto e que efectivamente poderiamos ter executado máis obras e o superávit non sería tan espectacular. Pero se comparas os graos de execución orzamentaria do 2014 e do 2025, non é moito menor; hai moita máis inversión no 25 que no 14; hai máis ingresos no 25 e moitos máis gastos de personal no 25 que no 14. É certo que existe unha inflación e que iso incrementa todo, mais a realidade é que levamos once anos non gastando máis do que temos, que non era o habitual en Sada.

Consegue sacar adiante os Orzamentos de 2026 coa abstención do Partido Popular e do BNG. En cuestión de días, pasa de valorar unha cuestión de confianza a alcanzar un acordo co PP.

Quero destacar a responsabilidade tanto do Partido Popular  como do BNG que, aínda sen estar dacordo co documento na súa totalidade –si coinciden en aspectos importantes como a expropiación dos terreos para ampliar o Sada e Contornos ou a obra do río–, entenden que o concello necesita un orzamento, goberne quen goberne. Por certo, vistas as alegacións, non creo que existan moitas diferenzas  mesmo con Unidos por Sada.  Insisto, creo que tanto PP como BNG tiveron a altura de miras suficiente para deixarnos aprobar o Orzamento 2026. Agora a responsabilidade de executalo é nosa pero eles cumpliron coa súa parte, fixeron un traballo responsable e quero agradecerlles a súa enteireza aínda discrepando nalgúns asuntos co Goberno de Sadamaioría. Estes orzamentos contemplan cuestións esenciais das que non se fala: dos dereitos dos traballadores da escola infantil, dos novoc convenios, do incremento do contrato de Atención Temperá... Contratos moi sensibles, servizos que non se pode deixar de prestar, que necesitan partida orzamentaria. Nestas cuestións é onde se ve a responsabilidade de cada un y quero recordar que non houbo  ningún POS, ningún documento que se levara a pleno en tempos nos que nós non gobernamos, que Sadamarioría non apoiase ou non enmendase.

Cre que este ‘acordo’ podería pasar factura ao Partido Popular ou mesmo a Sadamaioría?

Non sei como o entendeu a xente pero quen ten experiencia de goberno, ve que foi un acerto por parte de ambos, tanto do PP como de Sadamaioría.

Apoiarse en quen tanto critica a su acción pode entenderse como una extraordinaria capacidade de diálogo pero tamén como un sinal de debilidade, neste caso por parte de SM. Terán que amosar as súas habilidades didácticas coa cidadanía de Sada.

Sadamaioría está moi acostumada a recibir críticas por esa suposta debilidade pero calquera cun mínimo de experiencia política sabe que para un goberno en minoría aprobar uns orzamentis é moi difícil e conseguilo supón un mérito enorme para a corporación. Dito isto, non creo que vaia pasar factura, nin a nós, nin ao BNG nin ao PP. Eu entendo que poderá pasar factura a quen non os quería aprobar, a ver como explican á xente que non se pode facer algo porque non hai orzamentos.

Se por algo se coñece a Benito Portela máis aló de Sada é pola súa implicación na recuperación de Meirás. Que opinión lle merece a demora que está habendo para sentarse e determinar os usos de Meirás?

Comprendo que non é sinxelo pero para atallar os problemas hai que empezar por diagnosticalos e creo que seguir demorando o tema non beneficia a ninguén. O Concello de Sada mantén que a súa colaboración vai ser máxima, o mesmo que a súa implicación. Coma sempre, coa diferenza de que agora mesmo hai unha sentenza. É necesario empezar a dar forma á proposta. En canto a que se me coñeza ou non, quero recalcar que non é a min a quen se coñece, senón a Sada. Pola súa acción en todo este procedemento, da institución municipal e, sobre todo, da cidadanía de Sada. Tiven a sorte de ser alcalde en momentos clave e poñer voz e cara a moitos veciños. Estou moi orgulloso do compromiso da sociedade sadense, de tantos que colaboraron, que investigaron para acadar o obxectivo. Estou orgulloso de coñecelos e saber de primeira man do seu inxente traballo. Así como hai outros que pode que non lle den a importancia que merece o traballo que se fixo desde Sada, eu si. Estarei eternamente agradecido a todos eles.

Teme que no momento en que se ceda a Galicia, que é o que se está reivindicando, o cometido do Concello de Sada quede diluido?

Dá igual. O importante non é o papel do Concello de Sada senón o que vai pasar cun espazo de referencia como Meirás. É o primeiro ben que se recupera dos Franco en toda España, algo polo que os sadenses loitaron durante moitos anos. E Sada xa está sendo beneficiada... Sen ir máis lonxe, case non hai sitio para os actos que organiza estes días o Consello Cívico Meirás. Queremos que sexa Lugar de Memoria e que se recorde a Emilia Pardo Bazán. O día 10 de decembro de 2020, cando se entregan as chaves á Administración do Estado, fixen unhas corenta entrevistas, o que demostra a importancia que para o mundo enteiro ten de Meirás.

Volvendo ao ámbito municipal, a un ano das eleccións empezan os movementos e María Nogareda xa anunciou que vai ser candidata en 2027. Cando tomará esa decisión Sadamarioría?

Nós, a xente de Sadamaioría, non estamos en campaña electoral e non será ata o ano que ven cando decidamos o modelo; cando desde a organización se active o sistema de elección da mellor candidatura para Sada. Nós funcionamos doutra maneira e nunca escollemos con tanta antelación e esta vez non vai ser distinto, así que como se estén movendo outros a nós non nos preocupa porque nós ao que estamos agora mesmo é a Sada.

A decisión de que o candidato sexa Benito Portela correspondelle a vostede ou a Sadamaioría?

Inicialmente, a min, e despois á miña organización. Pero insisto: nós nos estamos aínda en campaña, o mandato aínda non acabou e tomar esas decisións a estas alturas non sería moi prudente nin nos levaría a ningures, eu non comparto entrar nesa voráxine que está contaxiando a media España.

En caso de que vostede non concorra, ten claro quen sería o candidato que necesita Sada?

Haberá que valorar todos os escenarios e en caso de que se chegue a ese suposto, será coma sempre: a nosa organización é democrática, non estamos para escoller de maneira unipersonal quen debe encabezar SM.

Aquela moción cambiou moitas cousas: vostede dedide repetir como candidato e mesmo Ángel García Seoane, que hai uns días dicía que non tiña por que levarse con ningún alcalde da área metropolitana, se converte no maior defensor de Portela. Como é a súa relación co rexedor de Oleiros?

(Ri) Vin a entrevista e non podo dicir que os alcaldes da contorna sexan os meus amigos e amigas, pero a miña relación é cordial con todos eles; incluso cando cambian, como aconteceu nestes últimos meses na comarca da Coruña. Si que podes ter máis afinidade con uns que con outros pero a relación é moi cordial aínda discrepando en deterninadas cuestións con algúns deles, e tamén con ‘Gelo’. Lévome con él e con edís de AV en Oleiros.

Tendo en conta o desgaste individual destes anos, nos que mesmo tivo que responder ante a xustiza, considera que pagou a pena a decisión de concorrer en 2023?

Claramente, volvería a facelo porque non se pode permitir que se vulnere a vontade do pobo de Sada e non facer nada, e respecto ao da xustiza, unha das concelleiras que apoia a moción, María Pardo, dixo nunha ocasión que quixeron gañar nos tribunais o que non puideron gañar nas urnas. Pero non son os procesos penais que teño abertos os que me quitaron ou me quitan o sono, os que me afectaron á saúde, senón todos os que temos contra o Concello de Sada. Eu teño a conciencia moi tranquila e creo que calquer alcalde faría o mesmo no meu lugar, non creo que haxa ilícito penal e así nos defenderemos ata o final, tanto eu como a concelleira Pili Taibo.

Cal é a situación das causas abertas contra o Concello de Sada?

Levamos máis de 24 millóns en responsabilidades patrimoniais gañados a día de hoxe e iso si que nos quita o sono. Todos os informes das liquidacións dos últimos anos elaborados pola Intervención facían referencia a todo o que aínda tiñamos pendente e ahora chegou o momento de depositar garantías e temos os cartos. Había unha excesiva prudencia, si, pero é que tiñamos que ser prudentes porque que estabamos advertidos de que calquera día viñan mal dadas. Eso si que me quita o sono, ter que executar sentenzas e desaloxar xente das súas casas, pero non as causas contra min. Eu vivin moitos anos sen ser alcalde e creo que poderei seguir vivindo. Insisto, o que me quita o sono é aquilo que pode ter consecuencias para outros. A xente non se dá conta de todo o que levamos traballado co tema das responsabilidades patrimoniais pero se chegamos a perder eses procedementos... Serían 24 milllóns menos nas arcas municipais de Sada. O noso deber en todos estes casos é defender os intereses da cidadanía e se nalgún momento se produce algunha responsabilidade patrimonial contra o Concello de Sada, haberá que ver que medidas se poden tomar pero, a día de hoxe, non houbo ningunha condena en responsabilidades patrimoniais contra o Concello de Sada. Si que se tiveron que depositar as garantías, pero non é o mesmo. As garantías quedan depositadas para garantir unha vivenda aos afectados, non porque teña que pagar o Concello de Sada. Quedan aínda procedementos pero son moitos máis os que están resoltos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620