
A Concellería de Cultura de Sada programa diversas actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, como obradoiros e espectáculos.
O sábado 16 ás 12.30 horas terá lugar na Casa da Cultura o obradoiro 'Letras Galegas Pequeniñas', dedicado a Begoña Caamaño. Trátase dun espectáculo narrativo-musical da artista Sheila Patricia e recomendado a un público infantil de tres anos en diante.
Ese mismo día, ás 19.30 horas no mesmo escenario, a Banda Municipal e o cantante Alberto Dopico farán unha 'Homenaxe á Verbena en Galego' con entrada libre ata completar aforo.
Xa o domingo, día 17, ás 17.00 na praza Irmáns Suárez Picallo será o habitual festival de música tradicional, no que actuarán as agrupacións Nova Troula, Queiroa e A Meda do Castro. O fin de festa poñerano as pandereteiras Bouba e, en caso de tempo desfavorable, a actividade será trasladada ao auditorio da Casa da Cultura.











