Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Sada

A xeración de Meirás: acción, mocidade e memoria tras a sentenza do Tribunal Supremo

Carolina, Claudia e Miguel, tres dos membros do CCM, diante de Meirás
Carolina, Claudia e Miguel, tres dos membros do CCM, diante de Meirás
Carlota Blanco
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

Con entusiasmo, ao solpor, diante das Torres de Meirás. Así transcorre a conversa con Carolina, Claudia e Miguel, tres mozos sadenses detrás do Consello Cívico Meirás (CCM). “É necesario divulgar, democratizar e poñer en valor todo o que isto representa”, comentan os rapaces, vinculados á Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. O nacemento desta nova organización cidadá non é casual nin improvisado, é a resposta directa á sentenza do Tribunal Supremo (TS) sobre a titularidade de Meirás. Unha resolución histórica que puxo o ramo a anos de movilizacións, investigación e obstáculos; ao esforzo do movemento memorialista de Galicia. 

Agora, tras a confirmación do TS, como sinalan Claudia, Carolina e Miguel en representación de todos os que integran este revolucionario consello, o reto é outro: dotar de sentido, memoria e contido un espazo cargado de historia, a de Emilia Pardo Bazán e tamén a Francisco Franco. Porque As Torres de Meirás non son unicamente un conxunto arquitectónico nin un sitio de inspiración, senón que son o símbolo central da memoria democrática de Galicia e de España. “Este lugar foi o reflexo material dun espolio perpetrado durante a ditadura franquista e a súa recuperación para o patrimonio público obrigaba a unha reflexión colectiva: que facer agora con este espazo?”, sinalan os impulsores deste consello cívico, convencidos da necesidade de difundir “o relato do que aquí ocorreu”, sen ocultar absolutamente nada e sen atavíos, cos medios que ofrece o século XX. 

De aí, a súa aposta polas redes sociales, unha das canles de comunicación máis utilizada pola xente moza neste 2026. “A raíz da sentenza, varios membros empezamos a dicir: hai que facer algo para dar a coñecer isto”, sinala Claudia. A partir dese momento, comezaron a tecer unha rede de colaboracións, incorporando perfís diversos: xornalistas, historiadores da arte, investigadores e persoas vinculadas ao territorio, co obxectivo de crear un espazo interdisciplinar, aberto e activo, desde Sada e para o mundo, para calquera cidadán interesado e afondar no que aconteceu, en abordar o relato de Meirás.

Se algo ten claro o consello é que o espazo non se pode entender sen integrar todas as súas etapas: os seus inicios como enclave literario vinculado a Emilia Pardo Bazán, quen impulsou a súa construción, e os corenta anos da dictadura nos que se destinou a residencia de verán do xefe do Estado, Francisco Franco. “A historia é lineal, e se só estudamos unha parte, non imos entender o que hai detrás”, destaca Carolina. 

Neste sentido, a súa idea semella sinxela: non ocultar e si contextualizar; entender Meirás como unha evolución histórica, onde cada etapa axuda a explicar a seguinte, desde o século XIX ata o XXI. 

O Consello Cívico Meirás está integrado maioritariamente por xente nova de Sada, comprometida coa súa contorna e coa súa historia, con perfís moi diversos, o que se converte nunha das súas fortalezas, como recoñecen, como voceiros do colectivo, Miguel, Carolina e Claudia. “Cada un vén dunha vertente distinta, pero compartimos o interese por entender o que nos rodea”, explican, seguros de que “para conformar unha opinión, é necesario coñecer a historia”, e esa será a súa tarefa: ofrecer información veraz e de maneira dinámica e desde distintas óptias a quen desexe comprender o significado de Meirás. 

Están convencidos de que, "para conformar unha opinión, é necesario coñecer a historia"

Asimesmo, insisten en que a sentenza do Tribunal Supremo tamén abre un novo escenario: o debate sobre os seus usos, que seguen sen definirse á espera da convocatoria da comisión de coordinación de actuacións relativas á xestión e usos creada en 2021. 

Nun contexto no que a sociedade, e nomeadamente a sadense, está a redefinir a súa relación con este espazo, o CCM insiste nunha cuestión que é chave e que non é outra que combinar a divulgación coa promoción do debate – aberto, informado, plural e rigoroso– sobre que actividades realizar e de que maneira organizalas arredor das Torres de Meirás. O consello, que en nada anunciará un evento e unha axenda de actividades, aspira a mobilizar a cidadanía da contorna, activar a memoria, abrir o recinto e asegurar que todo o que supuxo e supón este enclave sexa coñecido, debatido e transmitido; a transformar As Torres deseñadas por Dona Emilia no espazo de encontro entre pasado, presente e futuro.

Un dos obxectivos é transformar as torres que deseñou Dona Emilia no espazo de enontro entre presente, pasado e futuro

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620