Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Sada

A Xunta permite o libre marisqueo en Sada do 9 ao 31 de marzo

Reunión de Desenvolvemento Pesqueiro
Reunión de Desenvolvemento Pesqueiro
CEDIDA
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
LICEO-620X50

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez mantivo este xoves un novo encontro telemático con representantes das confrarías da zona VII para abordar a apertura do libre marisqueo no ámbito de Sada, que se iniciará a partir do vindeiro luns, día 9, e ata o 31 deste mes.

Esta decisión, explica a Xunta nun comunicado, prodúcese despois da avaliación técnica realizada nos bancos marisqueiros da zona, que confirmou a presenza de recurso suficiente para permitir a actividade extractiva. Deste xeito, estableceuse un tope de 6 quilos para babosa, fronte aos 8 quilos da pasada campaña de Nadal, 2 quilos de ameixa rubia e 1 quilo de cornicha, dúas especies que non foron capturadas en decembro.

Segundo os datos recollidos nas mostraxes realizadas no banco de libre marisqueo de Sada, a avaliación do stock revela a presenza de biomasa e densidades que permiten considerar viable a actividade extractiva. A análise realizada indica a presenza de exemplares en talla comercial de especies como a ameixa babosa e de ameixa rubia que permiten a explotación do recurso de maneira controlada.

Deste xeito, búscase garantir unha explotación sostible do recurso ao tempo que se facilita a actividade profesional das mariscadoras e mariscadores da zona, adaptando as decisións de xestión á realidade de cada banco marisqueiro e ás condicións do ecosistema en cada momento.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina