Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Sada

O Goberno de Portela leva a pleno a expropiación dos terrenos necesarios para ampliar o Sada y sus Contornos

É unha demanda histórica da comunidade educativa

IImaxe exterior do CEIP Sada y sus Contornos
Arquivo El Ideal Gallego
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

O Goberno de Sada este xoves a pleno a aprobación inicial do expediente de expropiación dos terreos necesarios para a ampliación do CEIP Sada y sus Contornos, unha actuación prevista no PXOM e que permitirá obter 1.131 metros cadrados destinados a sistema xeral educativo. 

Trátase dun asunto cunha longa e complexa tramitación no Concello de Sada e que agora entra nunha fase decisiva. 

Coa aprobación inicial abriráse un período de información pública de un mes para que as persoas afectadas poidan presentar alegacións. A valoración total do expediente ascende a 219.866,72 euros

O alcalde, Benito Portela, destacou que “estamos ante un paso clave para facer realidade unha demanda histórica da comunidade educativa" do Sadas y sus Contornos. "Levamos tempo traballando para desbloquear esta situación e cumprir co compromiso de reforzar as infraestruturas educativas públicas en Sada" e "a ampliación do CEIP é unha prioridade e imos seguir dando todos os pasos necesarios para que sexa unha realidade”, sinalou Portela. 

Desde o Goberno de Sada subliñan que esta aprobación permitirá avanzar de maneira firme cara á ampliación do centro, que posteriormente deberá executar a Xunta, garantindo máis espazo e mellores condicións para o alumnado e o profesorado.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620