Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Oleiros

A TVG emitirá este mércores un programa en directo sobre a eclipse desde o faro de Mera

Faro pequeno 18201352
Faro de Mera
CEDIDA
beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Televisión de Galicia (TVG) dedica este 12 de agosto unha programación especial pola eclipse total de sol, cunha cobertura en directo en puntos de toda Galicia e con protagonismo especial para o faro de Mera, en Oleiros, onde Marta Darriba presentará o 'Telexornal' do mediodía e se emitirá 'Especial eclipse' desde as 19.15 horas.

Os xornalistas Pablo Muñoz e Sabela Romar coordinarán un amplo dispositivo de directos por toda Galicia para seguir a eclipse desde puntos como o Monte de San Pedro da Coruña, as praias de Riazor e Orzán, o estadio de Riazor, a praia das Catedrais, a Muralla de Lugo, a Cidade da Cultura, o faro de Fisterra, o Altar do Sol de Lalín, Trevinca e a ría de Vigo.

Os servizos informativos da canle seguirán a actualidade da xornada e como se irán enchendo os principais puntos de observación, con especial atención á situación do tráfico e dispositivos de seguridade, e ofrecerá conexións e entrevistas en directo con expertos como Jorge Mira, Minia Manteiga, Daniel Galán e Mercedes Camiña.

O Concello pide responsabilidade

O Concello de Oleiros lembra á veciñanza as principais normas e recomendacións para a xornada. Para garantir a seguridade, despregaranse máis de cen efectivos da Policía Local, Servizo Municipal de Emerxencias, Protección Civil e Salvamento e Socorrismo, nun dispositivo no que tamén colaborará a Garda Civil.

Recoméndase evitar o uso do vehículo particular sempre que sexa posible e realizar os desprazamentos a pé ou en bicicleta. Non será necesario acudir aos puntos de maior afluencia para observar a eclipse, xa que poderá contemplarse desde calquera punto do municipio.

Haberá restricións de tráfico –non peonís- nos accesos ao faro de Mera e Seixo Branco, ao Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes, en Canide e en Boi de Canto e As Margaridas. "O acceso en vehículo estará limitado aos residentes nestas zonas. Para os desprazamentos polo municipio recoméndase utilizar prioritariamente a Vía Ártabra e a N-VI e respectar en todo momento a sinalización e as indicacións dos efectivos de seguridade", explica o Goberno local.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620