Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Oleiros

Tributo ao Xabarín Club no festival Rúa Ext-Cénica de Oleiros 

Imaxe promocional do Xabarín Club
Imaxe promocional do Xabarín Club
TVG
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Oleiros organiza os días 17, 18 e 19 de xullo unha nova edición do Festival de Artes Escénicas de Rúa, Rúa Ext-Cénica, que ofrece espectáculos gratuitos para todos os públicos polas rúas do municipio. Este ano deixará un espazo para a nostalxia cun concerto denominado 'Lembra Xabarín', en homenaxe ao programa televisivo da TVG que nos 90 enganchou a miles de niños e que promoveu entre eles non só o uso do galego, senón tamén música rock de grupos como Aerolíneas Federales, Heredeiros da Crus ou dos Diplomáticos de Monte Alto

Fer González (voz), Yenina Alonso (voz), Aitor Salgado (batería), Diego Mosquera e Dani García (guitarras), ademais de Manuel Fidalgo (baixo), serán os encargados de recuperar algúns dos grandes éxitos do Club Xabarín, como 'Qué jallo é', 'Non todo é o que parece', 'Carmiña Vacaloura' ou 'Estou na lavadora'. A duración do concerto é de 70 minutos. "Unha cita para divertirse, bailar e rememorar o legado cultural que o Xabarín nos deixou", indican desde Oleiros.

"Prazas e parques do noso Concello serán o escenario dos artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas transformando a rúa nun marco propicio onde provocar a interacción social co público asistente nun ambiente festivo. Todas as actividades son de balde e abertas a toda a cidadanía", destaca o Executivo local.

Esta é a programación completa:

Venres 17

La Finestra Nou Circ. 'Pilots'. 20.00 horas, Parque do Emigrante (Santa Cruz).

Compañía Orain-Bi. 'Mute'. 21.00 horas, Praza Esther Pita (Santa Cruz).

Sábado 18

Teatro Ghazafelhos. 'Sherezade, Aladino e os tres beduínos'. 20.00 horas, Parque José Martí (Santa Cristina).

Concerto de Vangoura. 21.15 horas, Praza Afundida (Santa Cristina).

Domingo 19

Concerto 'Lembra Xabarín'. 12.30 horas, Parque das Torres (Santa Cruz).

Residencia Paraíso Darío Bardam. Espectáculo de danza 'Proxecto Phantom'. 20.00 horas, Parque Luis Seoane (Santa Cruz).

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620