Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Oleiros

A Deputación da Coruña traspasa ao Concello de Oleiros 2,8 quilómetros de estradas provinciais

Entre os tramos cedidos figura o acceso á praia de Bastiagueiro e a avenida de Santa Cristina

default
O paseo de Santa Cristina no municipio de Oleiros 
Cedida
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia o acordo de cesión ao Concello de Oleiros de seis tramos de estradas provinciais situados dentro do termo municipal, que suman en conxunto 2.794 metros, é dicir, preto de 2,8 quilómetros de vías.

O acordo foi aprobado por unanimidade no pleno da Corporación provincial celebrado o pasado 29 de abril e afecta ás estradas DP 5803, DP 5804, DP 5805, DP 5806, DP 5808 e DP 5809, todas elas vías con carácter marcadamente urbano dentro do municipio de Oleiros.

A transmisión gratuíta inclúe os solos, construcións e todos os elementos funcionais que forman parte destas vías, cunha valoración conxunta de 6.678.386,42 euros, segundo se publica no BOP.

Os tramos cedidos son os seguintes:

  • DP 5803 – Pasaxe a Perillo: 953 metros

  • DP 5804 – Acceso á praia de Santa Cristina: 446 metros

  • DP 5805 – Acceso á praia de Bastiagueiro: 196 metros

  • DP 5806 – Prolongación ao mar da AC-190 en Coruxo: 419 metros

  • DP 5808 – Pousada a Edreira, tramo comprendido entre a DP 5813 e a Vía Ártabra: 268 metros

  • DP 5809 – Da estrada Oleiros-Sada á de Pousada-Edreira: 512 metros

A Deputación destaca que se trata de estradas que, pola súa situación e funcionalidade actual, teñen xa unha natureza esencialmente municipal, ao discorrer por ámbitos urbanos ou de acceso directo a espazos públicos, residenciais e praias do concello.

As vías cedidas atópanse en bo estado de conservación e algunhas delas foron obxecto de actuacións recentes por parte da Deputación. É o caso do acceso á praia de Santa Cristina, unha das zonas máis transitadas do municipio, onde a institución provincial executou unha importante remodelación orientada a mellorar a seguridade viaria, a accesibilidade e a calidade do espazo urbano, cun investimento de 1,7 millóns de euros.

O acordo establece que o Concello de Oleiros deberá manter a afectación ao dominio público dos bens cedidos durante os 30 anos seguintes á aprobación da transmisión, prevéndose a súa reversión á Deputación no caso de incumprimento. Tamén se recolle que todos os gastos, impostos, investimentos e actuacións que deriven da titularidade das vías pasarán a ser asumidos polo Concello unha vez formalizada a transmisión.

A resolución publicada no BOP será trasladada á Xunta de Galicia para os efectos previstos na Lei de estradas de Galicia e no seu regulamento, coa finalidade de completar a posterior aprobación mediante decreto do Consello da Xunta.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620