Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Oleiros

Un novo obradoiro de emprego permitirá a contratación de vinte oleirenses en desemprego

Tras finalizar a formación, terán un contrato nunha empresa por un prazo mínimo de tres meses

El Centro Municipal de Formación 'Isaac Díaz Pardo' de Oleiros
Archivo El Ideal Gallego 
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

Un total de 20 veciños e veciñas de Oleiros en situación de desemprego poderán formarse en carpintería e xardinería a partir do mes de xuño, durante 9 meses, percibindo un salario de 1.221 euros, máis as pagas extras. Ademais, tras finalizar a formación, terán un contrato nunha empresa por un prazo mínimo de 3 meses.

Será a través dun novo obradoiro de emprego promovido polo Goberno municipal para o que o Concello recibirá 411.928 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia. A achega municipal será de 40.980 euros.

As persoas interesada en participar deben contactar co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, na Urbanización Os Regos, ou chamar por teléfono ao 981 610 319. Durante o mes de maio procederase á selección do alumnado e o persoal directivo e docente -outras 5 persoas-, mediante un proceso público.  

Todas as persoas interesadas, ademais de ser veciños e veciñas de Oleiros, teñen que estar inscritas no servizo público de emprego como demandantes de emprego, como demandantes de formación nos obradoiros de emprego ou demandando formación nunha das especialidades que se ofertan (madeira e/ou xardinería).

Con este novo obradoiro, ademais de formar as 20 persoas participantes, procederase a diversos traballos de mantemento e mellora de xardinería e carpintería en distintos espazos públicos, entre outros no Bosque dos Veciños e no Pazo de Lóngora.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620