Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Culleredo

O BNG propón priorizar os alumnos do Centro de Formación Pablo Picasso para o novo servizo de limpeza de Culleredo

Centro de Formación Pablo Picasso de Culleredo
Centro de Formación Pablo Picasso de Culleredo
Cedida
beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O BNG propón priorizar a persoas formadas no Centro  Pablo Picasso para as novas prazas do servizo de limpeza viaria de Culleredo. Con esta proposta, os nacionalistas buscan "valorar o esforzo formativo e converter a cualificación en oportunidade laboral real, especialmente para colectivos especialmente vulnerábeis e con dificultades de empregabilidade".

Según indican, no último pleno propuxeron ao equipo de goberno municipal que as cinco novas prazas de traballo incluídas no contrato de limpeza viaria —adxudicado á empresa Valoriza— sexan ofrecidas con carácter preferente ás persoas que completaron formación no Centro  Pablo Picasso. "A iniciativa ten como obxectivo facilitar o acceso ao emprego dunha poboación especialmente vulnerable, moitos deles de difícil empregabilidade e en risco de exclusión laboral", sinala o BNG.

O voceiro seu municipal, Tono Chouciño, lembrou que o grupo nacionalista propuxo en reiteradas ocasións ofertar os contratos de limpeza a centros especiais de emprego, de xeito a promover a contratación de persoas vulnerábeis ou con discapacidades certificadas polos equipos de valoración oficiais. “Esta proposta é unha oportunidade para avanzar na inclusión laboral de colectivos que teñen máis dificultades para atopar traballo, e sería un exemplo de como a formación pode ser unha ponte cara ao emprego”, engadiu Chouciño.

A proposta foi formulada ao Goberno de José Ramón Rioboo, que se comprometeu a valorala. Para o BNG, esta posibilidade supón un avance na integración laboral de persoas que xa teñen unha cualificación básica obtida nun centro de formación municipal, e necesitan unha oportunidade para dar un paso adiante e acadar un emprego.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620