Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Culleredo

Pontón urxe á Xunta garantir transporte metropolitano con máis frecuencias

A portavoz do BNG visitou Culleredo

Acto sobre o transporte metropolitano no Burgo
Acto sobre o transporte metropolitano no Burgo
CEDIDA
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reprochou á Xunta a política en materia de transporte metropolitano, con alusión en concreto á situación na Coruña e a súa área nunha visita ao municipio de Culleredo.

No Burgo, en declaracións aos medios de comunicación e acompañada polo voceiro nacionalista cullerdense Tono Chouciño, demandou máis frecuencias e garantir o servizo tanto nesta área como na de Ferrol ou outras fronte a un modelo que cualificou de "insuficiente" e de "ineficiente".

En concreto, en alusión á área metropolitana coruñesa, remarcou que existen "enormes deficiencias que fan que moitas persoas non o utilicen ou cheguen tarde ao seu traballo".

"A resposta da Xunta é insuficiente", apuntou para incidir en que só na Coruña son 200.000 os vehículos de particulares que entran na cidade. "Iso demostra que non está a funcionar ben", aseverou sobre o transporte metropolitano.

"Non é normal que en ano 2026 haxa autobuses que vaian cheos e que non poidas subir ou que se vaia, en moitas ocasións, en traxectos de pé sen garantir un asento", remarcou para tachar o actual transporte metropolitano de "ineficiente". "Con horarios insuficientes e que non garante unha mobilidade de calidade", insistiu.

Fronte a iso, expuxo diversas propostas por parte da formación nacionalista, entre elas facer unha auditoría para ver "se se están cumprindo os contratos coas concesionarias". Así mesmo, insistiu na importancia do tren de cercancías, cuestión na que, apuntou, a Xunta ten "competencias" por ser o ferrocarril interior, ademais de valorar medidas no transporte de ría no caso da área coruñesa.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620