Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Culleredo

Mañán remata o prazo para participar o 17 de maio na Feira de Artesanía do Burgo

O Concello de Culleredo oferta 35 postos, unha cifra ampliable se existe moita demanda

Imaxe dunha das feiras das Letras Galegas do Burgo
Imaxe dunha das feiras das Letras Galegas do Burgo
ARCHIVO EL IDEAL GALLEGO
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620

Mañán, día 30, as dúas da tarde remata o prazo de solicitude de un dos 35 postos ofertados polo Concello de Culleredo para a Feira de Artesanía do Burgo que terá lugar o día 17 de maio. Segundo fontes municipais, a solicitude para participar no evento, que se ubicará na praza de Europa, farase preferentemente co envío ao correo electrónico feira.artesania@culleredo.es da ficha de solicitude de praza cuberta e asinada. Achegarase coa ficha un dossier informativo e material gráficos dos produtos que se ofrezan.

Aceptaranse solicitudes a través do trámite Instancia Xeral da sede electrónica do Concello de Culleredo respectando o prazo de inscrición e incluíndo a propia ficha ou os mesmos datos que se solicitan nela además do dossier ou material gráfico. A lista coas solicitudes admitidas será comunicada por correo electrónico o día 5 de maio as persoas participantes.

Características

A feira dará comezo as 11.00 horas e finalizará as 20.00. Poderán concorrer á mesma as persoas interesadas que ofrezan preferentemente unha produción artesanal e de elaboración propia. Non se aceptará a revenda de produtos nin a venda de produtos alimentarios. A organización ofrece un máximo de 35 espazos, de tres por tres metros, para colocar postos no espazo da propia praza. Para o caso no que haxa máis persoas interesadas que espazos, habilitarase tamén a pista polideportiva anexa. Unha circunstancia que xa se fixo na edición de 2025. Non obstante, de non alcanzar un número mínimo de participantes, a celebración do evento poder ser suspendida.

A participación na feira é de balde e ten carácter voluntario, polo que se entende que as persoas participantes están de acordo coas condicións que se estipulan ou que se poidan establecer durante o proceso de organización e celebración do evento con fin do seu correcto funcionamento.

A organización non participará nin se responsabilizará nin asumirá como propia ningunha circunstancia distinta ás que se establecen nestas condicións e que persoas alleas á organización dispoñan en paralelo ao desenvolvemento da actividade.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620