Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Culleredo

Perfecto Calviño: “Hai coches made in Culleredo rodando por Chile, Canadá ou Australia”

Perfecto Calviño, á dereita, e o seu fillo Darío, que segue os seus pasos no negocio
Perfecto Calviño, á dereita, e o seu fillo Darío, que segue os seus pasos no negocio
MDS
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara

Perfecto Calviño (Cerceda, 1970) é un dos empresarios máis recoñecidos de Culleredo e os seus coches de carreiras, pioneiros en moitos aspectos e fabricados íntegramente nas súas instalacións de Tarrío –un espazo de máis de 2.400 metros cadrados–, xa están presentes en medio mundo. “Internet fai milagros coma ese”, asegura, aínda que detrás deste ‘milagre’ están moitas horas de traballo, moitas viaxes e algo de atrevemento

Como naceu Yacar?

Eu traballaba na Ford, en Edelmóvil, na recepción, e vía os problemas que tiña a xente cando quedaban sen coche por averías ou accidentes. Vin un nicho de mercado e, aínda que eu estaba moi ben alí, quixen facer algo novo. No 2000 abrín a empresa de coches de alquiler e tamén naceu meu fillo Darío, foi un ano de aventuras (bromea). Empezamos con catro vehículos e agora rondamos os 200. 

Comezou con turismos?

Si, despois furgonetas e vehículos frigoríficos e, por último, os coches para vodas. Non sei nin como me metín niso, creo que fun a unha feira de coches a Inglaterra con Manolo [Senra, piloto y empresario de Dumbría], vimos a uns de festa nunha limusina e á volta comprei unha para eventos. Despois xa empezamos a pedir coches clásicos. 

Cales son os máis demandados?

No seu momento a limusina tiña moito éxito, tivemos dúas. Agora o Citroën 11, un clásico que sae moito para vodas. Compro e vendo con frecuencia para ter a flota en perfecto estado e ter algunha novidade. Moitos dos nosos clientes son empresas e o máis importante é que non queden os coches tirados. 

Paralelamente a isto xurde o ‘laboratorio de ideas’ no que crean coches de carreiras pioneiros. 

Como corría xa desde antes de montar a empresa, sabía das dificultades para conseguir pezas, porque agora por internet é moi fácil pero no seu momento non o era... E empezamos a crear os nosos coches aquí. Estiven uns anos distribuíndo a marca portuguesa Semog pero despois xa sacamos Yacarcross. Os nosos modelos non son os máis bonitos pero si os máis fiables.

Calviño, junto a algunos de sus trofeos como piloto
Calviño, junto a algunos de sus trofeos como piloto
MDS

A onde chegan os seus coches?

O sitio máis lonxe debe ser Australia, pero despois a Canadá, Uruguai, Chile, Colombia, Perú... e en Europa case en todos os países: Irlanda, Italia, Francia... 

Empezamos con catro turismos e fomos comprando furgonetas, camións de frío, clásicos e incluso dúas limusinas para eventosPerfecto Calviño

2020 foi un punto de inflexión.

Foi cando se fixo a homologación FIA dos kartcross, cuns criterios unificados para todos os coches. Aí disparouse a venda. Estamos facendo un coche á semana, máis ou menos, e vendendo uns 55-60 cada ano. Todos levan motor de moto, é o ‘sello’.

Foron ‘rompedores’, tamén, porque ofreceron kartcross para persoas con movilidade reducida.

Si, levaba todos os mandos no volante. Agora estamos para sacar o noso primeiro eléctrico gracias a un proxecto coa Universidade de Ferrol. 

Canta xente ten en nómina? Traballadores directos somos once; colaboradores, moitos. Entre eles o seu fillo. Hai relevo xeracional garantizado. 

Parece que si, está moi implicado e traballa bastante. Ademais se manexa cos idiomas para tratar cos clientes de fóra (risas). Procuro que coñeza todas as ramas do negocio, desde a oficina ata o taller.

0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos