Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Carral

Elisa Suárez: “A fibromialxia está discriminada pero é totalmente incapacitante”

Tras case 20 anos á fronte da súa floristería en Gosende, Carral, viuse obrigada a pechar

Elisa Suárez, ante o seu negocio
Elisa Suárez, ante o seu negocio
CARLOTA BLANCO
beowner620V2
COLIMA 620v2
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Elisa Suárez ía cumprir no 2027 vinte anos á fronte da súa floristería, Militroques, en Gosende (Carral), un negocio que acaba de pechar debido ás doenzas que lle está a provocar a fibromialxia, que padece desde hai oito anos e que a incapacita en numerosas ocasións a nivel físico e mental. 

Como están sendo estes días desde que anunciou o seu peche? 

Pois de recibir moito cariño da xente, dinme que é unha pena que peche un negocio e por riba no rural, pero que o primeiro é a saúde. 

Que síntomas lle provoca esta enfermidade e como a incapacitaba no negocio? 

A nivel físico, moitísima dor nos pulsos e nos brazos, que non podo suxeitar un ramo; a nivel mental, esquécenseme moitas cousas.

Cando comezou a padecela? 

Aos 39 anos, e teño 47. O do peche do negocio foi unha decisión moi meditada, estiven máis dun ano valorándoo. Desde os inicios teño moita dor, pero fun tirando como puiden. Agora xa non podía máis e decidín pechar antes de que viñese a voráxine de Defuntos porque non quería quedar mal cos clientes, sempre fun super responsable co meu traballo. Coas datas sinaladas xa me agobiaba un mes antes e a cabeza non me traballaba como debía, e as catro cousas de contabilidade e xestoría que tiña tamén se me facían un mundo. 

Estaba a piques de cumprir 20 anos coa floristería. 

Si, o ano que vén, se non me equivoco. Eu vou seguir participando nas iniciativas veciñais como o da decoración e luces de Nadal, para o que necesiten aquí estou. Tiña clientes non só de Carral, senón de Abegondo, Cambre, Culleredo e moitos máis concellos, dáme moita pena porque había unha relación moi boa. 

Que saídas laborais valora? 

Estou nun momento de incertidume total, porque por fibromialxia non dan baixas nin existen pensións para os que sufrimos esta enfermidade ata un punto incapacitante, e tampouco podo presentarme en calquera traballo porque teño moitas limitacións e eu non vou mentirlle a ninguén.

Cre que esta enfermidade está discriminada? 

Moitísimo. E fales con quen fales todo o que a padece está igual, é totalmente incapacitante. Sendo autónoma é peor, pero incluso quen está por conta allea e colle unha baixa, cando che dan a alta estás igual de mal. Isto é algo crónico que só vai a peor e a ninguén parece importarlle. Hai moito descoñecemento da fibromialxia e ten miles de síntomas. A min deume moitísimo medo un día que esquecín unha conversación que tivera o día anterior cunha persoa. 

Cales foron os seus mellores momentos na floristería? 

O día da inauguración foi impresionante, acórdome moito dese día, do ambiente. O mellor foi o cariño da xente todos estes anos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
lacabaña620