Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cambre

Un cuarto de século do museo que ensinou aos cambreses a descubrir e amar a súa historia

O vindeiro día 9 cumpriranse 25 anos da inauguración do xacemento romano, un tesouro achado por casualidade en 1998

O frigidarium (baño de auga fría), en primeiro termo
O frigidarium (baño de auga fría), en primeiro termo
GERMÁN BARREIROS
beowner620V2
COLIMA 620v2
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

No ano 1998 os obreiros que traballaban nunha promoción urbanística en Cambre tiveron que parar as máquinas tras dar con restos romanos baixo terra. Eran os vestixios dunhas termas privadas nas que destacaba unha piscina de auga fría (frigidarium) e unhas letrinas. Nese momento, o alcalde (Antonio Varela Saavedra), o conselleiro de Cultura (Xesús Pérez Varela) e a construtora daqueles edificios (Anjoca) puxéronse de acordo para conservar este tesouro e no 2001 viu a luz o museo arqueolóxico cambrés, que o vindeiro luns, día 9, cumprirá 25 anos. 

“Vivín tantas cousas aquí que non sei nin por onde empezar”, recoñece Ramón Boga, director do museo, presente en todas as etapas do proxecto e que destaca a importancia e peculiaridade de que Cambre conte nun radio moi pequeno de distancia con tres ‘tótems’: o xacemento romano, o castro Maior e a igrexa románica de Santa María. Boga encargouse de encher de actividade e recursos este edificio, desde crear folletos turísticos ata realizar visitas guiadas, pasando por comisariar exposicións de todo tipo e editar os exitosos libros ‘Estampas de Cambre’, con fotografías antigas recolectadas entre a veciñanza. “Isto nunca foi só un lugar para ver restos romanos, aínda que as pezas que contén teñen un valor incalculable”, sinala o historiador, que atende a máis de 5.000 visitantes cada ano.

Itinerario de Antonino

En concreto, os baños romanos cambreses pertencían a unha ‘villa’ rústica, un asentamento cunha parte residencial e outra de produción agrícola e gandeira. “Nas aforas das cidades romanas adoitaba haber vilas relacionadas con diferentes sectores: agricultura, ferreiría, cerámica... e tiñan casas para poder pasar tempo aquí no verán, por exemplo”, apunta Boga, quen sostén que polo municipio pasaba o Itinerario de Antonino, o documento do século III no que aparecen recopiladas as rutas do imperio romano. 

Materiais no museo cambrés
Materiais no museo cambrés
GERMÁN BARREIROS

Para a alcaldesa, Diana Piñeiro, o 25 aniversario do recinto “é un motivo de orgullo para o concello e unha oportunidade para poñer en valor o patrimonio que compartimos”. “O museo permítenos coñecer mellor as nosas raíces e achegar a nosa historia ás novas xeracións. Conservar ese legado e conseguir que a veciñanza o coñeza e o sinta como propio é unha tarefa que debemos seguir impulsando”, apunta Piñeiro, que gaba de xeito especial o traballo de Ramón Boga: “Hai que agradecerlle a súa dedicación durante todos estes anos, sempre tan vinculado ao museo e á divulgación da historia de Cambre. Detrás destes 25 anos tamén están as persoas que traballaron para que este patrimonio se conserve, se coñeza e se valore, e é importante recoñecer ese compromiso”. 

O Concello de Cambre realizará un acto oficial o vindeiro día 21 ás 12.00 horas para celebrar o cuarto de siglo do museo –cuxa construción supuxo unha inversión global de 43 millóns de pesetas– e Piñeiro anima á veciñanza a acudir para “descubrir ou revisitar a historia local”.

Pezas de cerámica romana expostas en Cambre
Pezas de cerámica romana expostas en Cambre
GERMÁN BARREIROS

Antonio Varela Saavedra era o rexedor cando se inaugurou a instalación, un fito que lembra con cariño: “Lograr abrir o museo foi algo inesquecible, pero en xeral todo o concello está moi parado, tanto o museo como o resto precisa máis atención”, manifesta o exalcalde. 

Ramón Boga conclúe lembrando que por este museo pasaron “cidadáns de todo o mundo” e destaca unha visita especial, a da exministra Carme Chacón, que o sorprendeu polo seu coñecemento da historia.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
lacabaña620