Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Cambre

A Xunta instala once paneis para informar sobre o risco de inundación en distintos puntos de Cambre y Culleredo

O obxectivo de Augas de Galicia é dar a coñecer  as pautas de actuación en caso de producirse algún episodio de desbordamento

Un dos carteis instalados por Augas de Galicia nunha zona con risco de inundación
Un dos carteis instalados por Augas de Galicia nunha zona con risco de inundación
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, acaba de completar a instalación dun total de once paneis informativos en diferentes puntos identificados polo risco de inundación nos concellos de Cambre e Culleredo co fin de concienciar á cidadanía sobre os perigos e implicacións asociadas así como sobre as medidas preventivas e pautas de actuación recomendadas en caso de producirse episodios deste tipo.

En concreto, colocáronse once carteis na área de risco potencial significativo de inundación (Arpsi) Río Mero-Cambre. Dez deles están no concello de Cambre e un no de Culleredo.

Segundo se recolle no Plan de Xestión do Risco de Inundación (PXRI) da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, esta zona pertence ao grupo IV, que é aquel no que están incluídas as áreas fluviais de maior perigosidade e risco desde o punto de vista da posibilidade de que se produzan desbordamentos.

Precisamente, a colocación destes elementos pretende mellorar a conciencia pública sobre a dinámica natural dos ríos e reforzar a seguridade e as medidas de protección da cidadanía. Trátase dun traballo enmarcado no Plan estratéxico de divulgación das áreas de risco potencial significativo de inundación (Pedarpsi) e que dá continuidade á instalación destes paneis noutras zonas sensibles da Demarcación Galicia-Costa.

Deste xeito, cómpre lembrar que Augas de Galicia colocou xa este tipo de indicadores en 26 concellos con áreas con alto risco de inundación dentro do seu territorio: Gondomar, Ames, Brión, Bueu, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Carnota, Vimianzo, Zas, Carballo, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Arteixo, Sada, Fene, Ferrol, Neda, Cedeira, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Baiona, Oia, Cambre e Culleredo.

No caso concreto das actuacións de sinalización en Cambre e Culleredo, os traballos para instalar estes carteis na contorna do río Mero -cun custo de algo máis de 4.200 euros- enmárcanse no contrato de Augas de Galicia para a prestación do servizo de concienciación e divulgación do risco de inundación e sinalización das áreas que se atopan nesta situación, que conta cun investimento global de preto de 700.000 euros.

Ao abeiro deste contrato e dentro do Pedarpsi desenvólvense tamén obradoiros nos centros de educación infantil e primaria existentes nas proximidades das áreas de risco potencial significativo de inundación para concienciar ás novas xeracións sobre os asolagamentos e a influencia que teñen as accións do ser humano nas contornas fluviais e no funcionamento das canles de auga.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620