Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergondo

O claustro de San Salvador repite como escenario coa Mostra de Teatro no Mosteiro de Bergondo

O evento será do 3 ao 5 de setembro

Unha actuación na Mostra de Teatro no Mosteiro
Unha actuación na Mostra de Teatro no Mosteiro
CEDIDA
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

A asociación cultural Catro Gatos e o Concello de Bergondo, co apoio da Deputación, organizan entre os días 3 e 5 de setembro a segunda edición da Mostra de Teatro no Mosteiro. A iniciativa, que impulsa esta entidade fundada en 2016, procura "estreitar os vínculos entre o patrimonio arquitectónico e as artes vivas, así como dinamizar a través da cultura lugares singulares", destaca a organización.

A II Mostra de Teatro no Mosteiro de Bergondo ofrecerá tres espectáculos nesta segunda edición, que lle dá continuidade ao encontro celebrado por vez primeira en setembro de 2025. Deste xeito, o xoves 3 actuará a compañía Galeatro con 'Muiñada', un espectáculo destinado ao público familiar; o venres 4 chegaralle a quenda ao grupo teatral da propia Asociación Catro Gatos que representará a obra 'Encrobas', nunha xornada ideada para o teatro amador, e xa o sábado 5, porá o ramo a esta segunda edición Dani Blanco Cía coa súa montaxe 'Absurdia' para o público adulto.

A entrada para as tres citas, que están fixadas para as 21.00 horas, será gratuíta e libre até completar as 150 localidades que se habilitarán no claustro de San Salvador.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620