Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergondo

Antía Vázquez, de Alana: “O Guísamo Folk é un festival mítico e imos para dalo todo”

Imaxe promocional do grupo Alana
Imaxe promocional do grupo Alana
MARÍA CEREIJO
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

O grupo Alana subirá este sábado (23.30 horas) ao escenario do festival Guísamo Folk, unha cita que cumpre 25 edicións e na que comparten cartel con bandas como Luar na Lubre, Treixadura, Radio Cos, a Agrupación de Música Tradicional de Bergondo e The Rapants. Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro –aos que acaba de sumarse Andrés Boutureira, precisamente veciño de Guísamo– presentarán ao público o seu segundo disco, ‘Un saber’, dedicado ás cantareiras e informantes, seguindo a liña do primeiro traballo, ‘O xeito á cantigha’, e no que mesturan música tradicional con ritmos electrónicos e pop. 

Como levan o ascenso meteórico da banda desde que en 2024 lanzaron o primeiro disco? 

Foron anos moi intensos, estamos súper contentas, hai unha oferta de grupos moi grande e nós estamos tendo bastante sorte e traballando moito para facelo o mellor posible, que vaia para adiante. Aumentamos equipo, o espectáculo medrou en moitos aspectos e ver que contan con nós para tantos eventos danos moita alegría e moita satisfacción. 

Medra o grupo ou só para certos espectáculos? 

Cando digo equipo falo da xente que nos acompaña. Este ano contamos coa presencia dun novo músico, Andrés Boutureira, que é de Guísamo así que o concerto de alí vai ser moi especial para el, e con nós vén unha persoa para vender merchandising e tamén As dúas en punto para a escenografía. Tamén temos un espectáculo cunhas cantareiras que ás veces nos acompañan, pasamos de tres a bastantes máis. 

No primeiro disco poñían en valor o traballo da musicóloga Dorothé Schubarth, que recolleu o xeito de cantar por toda Galicia. Segue sendo a súa esencia? 

Si, é algo que fagamos o que fagamos vai estar aí, porque é a base de como entendemos a música. Neste segundo traballo non olvidamos iso pero fixemos máis fincapé en todas esas cousas das ‘recollidas’ que non son música pero que tamén forman parte da esencia de Alana, de entender por que facemos unha melodía dunha forma. Prestar atención aos detalles que non son musicais. 

Que foi o máis espectacular que lles pasou desde os comezos do grupo? 

É difícil escoller porque tivemos moitísima sorte. Hai algo que disfrutamos moito, que é que os tres conseguimos tocar no lugar onde nacimos, algo moi emocionante polo vínculo con ese sitio. Pablo tocou na Muiñada e no Asalto ao Castelo de Vimianzo, eu nas festas de Santa Cruz e Eloy en Corme; ademais, estivemos en festis nos que non contas con estar así de primeiras: Ortigueira, Pardiñas, Lorient... pero tamén temos gardados moitos sitios máis pequenos que teñen un significado especial e cercanía co público. 

Que soño teñen aínda por cumprir? 

Sempre dicimos que nos gustaría moito tocar na praza da Quintana, en Santiago. É un espazo moi chulo, con algo especial e que todavía nos queda por facer. Esperemos que pronto poida cumprirse. 

Seguro que si. E como será o concerto de Guísamo? 

Esperemos que moi emocionante, sobre todo por Andrés, que é de alí e queremos compartir con el ese momento. Fainos moita ilusión, é un festival mítico e darémolo todo, aínda que non vamos desvelar o espectáculo. 

Falando co banda Do Rivés, dicían que elas apostaban máis por só voz e pandeireta, sen bases electrónicas. Que sigan nacendo grupos ‘tradis’ é sinal da boa saúde musical en Galicia? 

É verdade, ten que haber de todo, gustos para todo e que fagas como nós unha mestura non significa que non disfrutes vendo grupos máis puros ou que se quedan máis na base tradicional. É algo que enriquece moito e que haxa tanto onde escoller quizais si que indica que é un bo momento para a música en galego, cos seus máis e os seus menos. Esa riqueza vese na variedade de grupos que existen actualmente.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620