Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Bergondo

Nuria Mosqueira Varela recibe o VI Premio de Poesía Filomena Dato do Concello de Bergondo

Bergondo entregou o Premio de Poesía Filomena Dato 2025
Bergondo entregou o Premio de Poesía Filomena Dato 2025
Cedida
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

A coruñesa Nuria Mosqueira Varela, coa obra 'Oito Días', recibiu hoxe de mans da alcaldesa, Alejandra Pérez Máquez, o VI Premio de Poesía Filomena Dato, convocado polo Concello de Bergondo

A gañadora do pasado ano, Sara Martínez Bello, presentou 'Eira', galardoada na edición anterior, e aproveitou para asinar exemplares e participar nun faladoiro xunto a gañadora deste 2025. 

O xurado, integrado pola alcaldesa Alejandra Pérez Máquez, que preside, pero sen voto; Dorés Tembrás como secretaría; Leticia María Rey como funcionaria, e Antía Otero, Silvia Penas e Miro Villar, como vogais, valoraron "a construción dun universo propio e a recreación dunha atmosfera", convencidas que "estamos ante un libro que amosa unidade no traballo estrutural, un manexo interesante dos símbolos, a dicotomía entre o salvaxe e o doméstico, afondando na convivencia entre a emoción e a violencia, a memoria persoal e social”. 

O premio ten unha dotación económica de 2.500 euros e a publicación da obra pola editora Apiario na colección de poesía Filomena Dato. 

Apiario é a encargada de coordinar este concurso de poesía e tamén levará a cabo a publicación da obra gañadora asumindo todo o proceso: deseño, imprenta, distribución e promoción.

A través deste galardón, o Concello de Bergondo suma o seu gran de area na promoción de certames que impulsan a creación poética en galego, así como a manter en vigor a figura histórica de Filomena Dato Muruais (1865-1926), muller fundamental no movemento literario do Rexurdimento e á que se lle dedicará o ano 2026.

Traxectoria

Nuria Mosqueira Varela ten formación en artes plásticas e audiovisual, estudou Belas Artes na Universidad de Salamanca, os Mestrados de Arte e Creación na Complutense de Madrid e de Profesorado na Universidade da Coryña e un posgrao en Montaxe Audiovisual na Pompeu Fabra de Barcelona. Actualmente traballa como docente de debuxo e cor na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.

Ao longo deste tempo foi seleccionada en distintos certames de artes plásticas e vídeo-creación e traballou en lugares diversos, entre os que destacan a participación en proxectos audiovisuais tanto propios como alleos e en proxectos de educación artística.

No eido da escrita acadou o terceiro premio de poesía no certame Xuventude Crea (2017) e, como guionista, obtivo subvencións de Agadic tanto para escrita de longametraxe (2017) como para realización de curtametraxe (2019). Tamén, recentemente, comezou a participar en recitais e micros abertos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620