Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arteixo

Ana Recarey, comerciante de Arteixo: "A pandemia deume o empurrón definitivo para emprender"

A Despensa que Pensa é finalista dos Premios do Comercio Galego 2026

Ana Recarey, na súa tenda da peatonal de Arteixo
Ana Recarey, na súa tenda da peatonal de Arteixo
GERMÁN BARREIROS
beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

Ana María Recarey montou hai case cinco anos A Despensa que Pensa na avenida do Balneario de Arteixo, un proxecto co que busca provocar un cambio na maneira de mercar e consumir. A Xunta seleccionou este establecemento como finalista dos Premios do Comercio Galego 2026 na categoría de sostibilidade, xunto coa asociación de comerciantes de Tomiño e a rede de moda circular promovida por Insertega Revistt –que posúe unha tenda na peatonal arteixá–. Os galardóns entréganse o día 27 en Santiago. 

É a primeira vez como finalista destes premios? 

Si, presenteime por primeira vez este ano. Ás veces preséntaste por probar e estar aí é todo un mérito, e máis xunto aos comerciantes de Tomiño e a rede Revistt, que fan cousas moi potentes. Ademais sempre dá visibilidade, aínda que eu non son de expoñerme moito. Ás veces pensas que o que estás facendo tampouco é para tanto pero estas cousiñas demostran que si. 

Abriu en 2021 aínda saíndo da pandemia, como foi o proceso? 

Pois a pandemia foi o que me deu o empurrón definitivo para emprender, porque si xa normalmente saímos da compra cargados de plásticos, daquela moito máis. Á xente si que lle sorprendeu que alguén se animase a abrir naquela época.

Que balance fai? 

Moi positivo, estamos contentas. Temos clientela de todo tipo, moitos empezaron a consumir a granel por primeira vez con nós e despois vén xente maior que xa facía isto de sempre: o retorno dos envases, mercar ao peso... é volver ao que tiñamos, que era moito máis sostible e respectuoso co entorno. Non estamos inventando nada. 

Moitos en Arteixo seguen acudindo á feira dos sábados para mercar desa maneira. 

Claro, e moitos están descubrindo que poden vir cos envases e enchelos aquí para non xerar máis residuos, que é polo que nos nomearon finalistas. Ás veces precisas unha pequena cantidade de algo para unha receita que despois non che gusta e non volves facer, e isto permíteche levar ese pouquiño sen desperdiciar.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620