Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
El Ideal Gallego Fundado en 1917

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Arteixo

'Outono das Artes' desembarca en Arteixo

As proxeccións realizaránse na capela do balneario
Archivo El Ideal Gallego
beowner620V2
COLIMA 620
banner-620x50
0620_bonilla_redideal_251121_veronica.gif
0620_wayalia_redideal_251121_carlos.gif
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Arteixo, a través da Concellaría de Cultura e coa colaboración da Deputación da Coruña, organiza un ciclo de proxeccións documentais que se desenvolverá durante os primeiros días de outubro dentro da programación do 'Outono das Artes'.

O evento, que terá lugar na Capela do Balneario de Arteixo, ofrecerá unha selección de tres pezas audiovisuais que afondan na historia, na investigación arqueolóxica e no renacer das tradicións orais galegas. Todas as sesións comezarán ás 20.00 horas e a entrada será gratuíta ata completar a capacidade do espazo.

Así, o xoves 1 de outubro proxectarse 'Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos'. Este documental, producido por Nós Televisión,  fai un percorrido pola historia e a pegada fundamental do Seminario de Estudos Galegos. 

A través do testemuño de expertos e investigadores, a obra, dirixida por Cristina de la Torre, analiza a contribución clave desta institución na modernización e divulgación da ciencia, da cultura e do pensamento propio en Galicia.

O venres 2 de outubro será o momento de 'L'Archéologue (Arqueólogo)'

Unha curtametraxe documental dirixida por Antón Taboada que afonda no proceso creativo e na ollada do artista. A peza propón unha reflexión sobre a memoria, o arte e a investigación arredor da figura do creador e a súa contorna.

O ciclo clausura o sábado 3 de outubro con 'Ao son da nova regueifa', dirixido por Manolo Maseda e Saúl Rivas. 

Este documental retrata o renacer da regueifa (o canto improvisado galego) e,  a través de testemuñas apaixonadas, música e versos improvisados, mostra como as novas xeracións están a revitalizar esta arte tradicional oral, adaptándoa aos novos tempos sen perder a súa esencia.

Coa organización deste ciclo, preténdese achegar á cidadanía propostas audiovisuais de alto valor cultural e divulgativo, promovendo a posta en valor do patrimonio e da creación contemporánea.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina.gif
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620